Roi Rodríguez, clasificado para o Mundial de Hungría

26/06/2019

O noso deportista Roi Rodríguez logrou o seu obxectivo nos Xogos Europeos de Minsk!! O galego rematou na quinta posición na final  de K-1 1.000 metros e así alcanzou a súa clasificación para o Mundial de Szeged (Hungría), que se disputará en agosto.

Esta era a primeira gran meta dunha tempada moi ambiciosa para o noso piragüista, que busca a clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

Sobre os Xogos Europeos, Roi explicou que “o obxectivo aquí era clasificar para o Mundial e logreino ao finalizar na quinta posición, o que me vai dar máis tranquilidade á hora de concentrarme en preparar o Mundial a partir de agora”. Este ano o Mundial será clasificatorio para Tokio 2020, polo que agora o vigués poderá centrarse so en adestrar.

Ademais, Roi non estaba moi contento polas sensacións que tivo na pasada Copa do Mundo de Duisburgo: “Nesta competición encontreime moito máis cómodo paleando e estou moi contento pola progresión e por levantar cabeza”.

Agora a seguir traballando coa mente posta no Mundial, onde o noso palista quere loitar polos primeiros postos. Noraboa Roi!!!! Seguimos traballando!!!