Grupo de mujeres entrenando para perder peso en gimnasio Vigo

Reto para perder peso en grupo

17/01/2017

Herminia, Puri e Loli son tres das seis valentes que decidiron lanzarse de cheo ao propósito que se marcaron para o 2017: perder peso. Por eso o novo programa Reto#3.1 que vimos de por en marcha en Máis que Auga Navia vailles como anel ao dedo.  O Reto #3.1 é un adestramento grupal (con 10 integrantes como máximo) para alcanzar un obxectivo concreto e común para todos os participante. O obxectivo hai que cumprilo en tres meses.

Dous días á semana (luns e mércores) Herminia, Puri e Loli se poñen ás ordes de Rapha de Sousa, o adestrador persoal encargado deste reto. Rapha leva un seguimento personalizado de cada unha delas e cada semana failles un control de peso e medición de perímetro. Para o resto dos días nos que non teñen adestramento ponlles deberes para que  fagan por elas mesmas.

Herminia, Puri e Loli coinciden en que adestrar baixo as directrices personalizadas de Rapha e ter o mesmo obxectivo as motiva moito máis que o adestramento en solitario.  Este xeito de traballar parécelles moito máis efectivo de cara a conseguir os seus propósitos. Aseguran que adestrando en conxunto semella que a forza de vontade e as gañas se multiplican.

Se es dos que tamén te marcaches como obxectivo baixar de peso pero non diches o primeiro paso aínda estás a tempo de participar no Reto #3.1 Apúntate na sala fitness de Navia ou pregúntalle directamente ao técnico de sala. O custe deste servizo é de 20 euros mensuais.