RENOVACIÓN E MELLORAS EN MÁIS QUE AUGA COIA

30/03/2024

Os nosos usuarios e usuarias habituais xa o saben, porque é algo que se aprecia con facilidade nas nosas instalacións.  Máis que Auga Coia, como o resto dos nosos centros, foi renovando maquinaria tanto na zona de peso libre como na de forza guiada e iso permítenos ofrecervos a última tecnoloxía, así como un incremento de unidades para o voso uso e goce.

 

Co uso, o material vaise deteriorando e por iso, sempre se reserva unha partida orzamentaria para a renovación do mesmo.  Os cambios comezaron no mes de setembro do pasado ano en peso libre, con novas máquinas, estruturas, plataformas de levantamentos… Agora, en marzo, chegou a renovación ás máquinas de forza. O obxectivo fundamental é renovar e mellorar o material, ao substituílo por outro máis moderno e mellorado, así como ampliar o número de postos para que máis persoas poidan traballar á vez.

 

Nesta renovación apostamos en dúas empresas de confianza, LifeFitness (e a súa marca de forza Hammer Strength), así como Technogym.

 

E que é o que chegou a Máis que Auga Coia? Pois hai moito que contar! De Hammer Strength chegounos unha press de ombreiro isolateral, remo isolateral, plataforma de sentadiña, unha máquina de abdución que tiña unha gran demanda, máquina de adución, 3 bancos de pressbanca, 5 bancos planos con deseño mellorado e 5 bancos reclinables con deseño mellorado. Con esta partner substituímos os bancos de pressbanca por outros novos e máis modernos e ademais substituímos e aumentamos os bancos de traballo (tiñamos 6 e agora contamos con 10).

 

Con Technogym substituímos ás antigas máquinas de Lexco por outras novas de gama superior. Así, chegaron a Coia, máquinas de forza guiadas (dominadas, multicadeira, banco de cuádriceps, isquio sentado, prensa, press pectoral, máquina fly peito/costas e dobre polea) e de cardio (4 cintas, 2 elípticas, 2 elípticas de paso variable e 2 remoergómetros, todas elas cun deseño moderno e atractivo). Con todo isto, aumentamos de forma importante as estacións de poleas, as máquinas de placas, que vos encantan, e os equipos de peso libre.

 

Esperamos que vaiades coñecendo as novidades aos poucos, que vos familiaricedes con elas e gocédelas ao máximo, xa que ese é o obxectivo final de Máis que Auga. Para iso, tedes aos nosos técnicos e técnicas, que poderán axudarvos a sacar o máximo partido a cada unha das novas máquinas. Non dubidedes en consultarlles!