REMATOU EN MÁIS QUE AUGA O TROFEO CONCELLO DE VIGO DE PÁDEL CELTAMOTOR CON RÉCORD DE PARTICIPACIÓN

10/07/2022

Despois de dez días de competición rematou hoxe en Máis que Auga Navia a oitava edición do Trofeo de Pádel Concello de Vigo Celtamotor, cos triunfos de Olalla Fernández e María Témez (feminina) e Jano Alonso e Héctor Guisande (masculina) na primeira categoría federada ouro. Precisamente Héctor Guisande continúa a súa relación de amor con este torneo, xa que o vigués co triunfo de hoxe suma un total de seis títulos.

 

Hai que destacar que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu hoxe ao evento, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández; e ambos, xunto ao director de marketing de Celtamotor (patrocinador principal del evento), Javier Fernández e o director xeral de Máis que Auga, Francisco Cortegoso, foron os encargados de facer a entrega de trofeos.

 

A xornada de hoxe rematou coas finais, nas que Olalla Fernández e María Témez lograron superar a Paula Rey (monitora de Máis que Auga, que fixo un fantástico campionato) e Alejandra Renda. Mentres, a final masculina foi protagonizada por Héctor Guisande e Jano Alonso que se impuxeron a José López e David García. Ademais hai que destacar que houbo competición en todas as categorías dende iniciación e así acadouse o récord de participación neste torneo e no Sur de Galicia, cun total de 309 parellas inscritas (618 participantes).

 

O Trofeo de Pádel Concello de Vigo regresou despois de dous anos de ausencia pola pandemia da COVID-19 e a resposta das e dos xogadores amosaron as gañas que tiñan de regresar á competición.

 

Todas as categorías

5ª mixta iniciación

Campións: Marta Meno/Alejandro Charlon

Subcampións: Laura González/Iago Aubourg

 

5ª feminina iniciación

Campións: Sonsoles Fernández/Ángeles Garrido

Subcampións: Bruna Soto/Esther Sarmiento

 

5ª masculina iniciación

Campións: Cristian Nogueiras/Mario Feijoo

Subcampións: Diego Costas/Iago Aubourg

 

4ª mixta iniciación

Campións: Juan Manuel Lorenzo/Noelia Rivera

Subcampións: Adrián Martínez/Cecilia Otero

 

4ª feminina iniciación

Campións: Fátima Almuiña/Ivy González

Subcampións: Alessandra Míguez/Ethel Dios

 

4ª masculina iniciación

Campións: José Luis García/Miguel Ángel Montado

Subcampións: Javier Álvarez/Miguel Ferreira

 

3ª mixta iniciación

Campións: Vanesa García/Ángel Román

Subcampións: María García/Ricardo Pazos

 

3ª feminina iniciación

Campións: María García/Antía Ballesteros

Subcampións: Carla Barcia/Paula Barcia

 

3ª masculina iniciación

Campións: Jonathan Veites/Ángel Román

Subcampións: Antonio Dacosta/Javier Besada

 

2ª mixta iniciación

Campións: Nerea Abalde/Iñaki Gómez

Subcampións: Ana Vázquez/Rubén Blanco

 

2ª feminina iniciación

Campións: Elena Bustillo/Sara María Baños

Subcampións: Antía Ballesteros/Claudia González

 

2ª masculina iniciación

Campións: Guillermo Diez/Alex Silveira

Subcampións: Iñaki Gómez/Alejandro Parada