REGRESAN OS CAMPUS MÁIS QUE AUGA!

24/03/2021

Coa Semana Santa ao virar a esquina, comezan os quebradizos de cabeza para os pais, que teñen que compaxinar os seus horarios laborais coas vacacións dos pequenos. Así, en Máis que Auga Navia puxémonos ao choio para preparar o noso Campus de Semana Santa, coas medidas de prevención e seguridade necesarias, pero coas mesmas doses de humor, deporte e diversión de todos os anos.

 

O campus, que vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, celebrarase os días 29, 30, 31 de marzo e o luns 5 de abril en horario matinal (de 9 a 14:00 horas), aínda que coa posibilidade de amplialo para os máis madrugadores (desde as 8:00) ou ben a última hora (ata as 15:30 horas). Que poderán facer os nosos nenos? Pois gozarán da piscina, bailes e clases en sala, pádel, xogos na ludoteca… Moitas actividades lúdico-deportivas para os nosos pequenos/as, que seguro que o pasarán en grande! Por suposto, con todas as medidas de prevención necesarias anti COVID-19, polo que evitaremos as actividades de contacto, desinfectaremos os materiais despois de cada uso, utilizaremos máscaras durante a actividade e trataremos de facer a maior cantidade posible de actividade ao aire libre, sempre que sexa posible.

 

O prezo polos catro días de duración do campus será de 76 euros (socios), coa posibilidade de ampliar os horarios (20 euros máis, polo servizo madrugadoiro+ampliado). Se non es abonado de  Máis que  Auga o custo será de 100 euros polo campus (+ 25 pola ampliación do horario). Todas as persoas interesadas poden inscribirse na recepción de  Máis que  Auga Navia ou en  Máis que Peques.