REGRESAN A MÁIS QUE AUGA OS ROTEIROS BTT

08/09/2022

Seguro que tiñades tantas ganas como nós de volver ás nosas actividades #OutExperience! Acabouse o verán, volven as nosas rutinas e regresan as saídas ao exterior en grupo que tanto nos gustan. Comezamos o sábado 17 de setembro cun roteiro en bici de montaña (BTT) polos montes de Coruxo, que nos permitirán gozar de incribles bosques e de fantásticas vistas.

 

Así que, imos contarvos o plan! Sairemos desde a Capela de San Sebastián, en Fragoselo, ás dez da mañá e teremos por diante un percorrido circular de case 14 quilómetros polos montes de Coruxo, Saiáns, Camos e regreso a Chandebrito (mesmo punto de saída que de chegada).

 

A primeira parte da etapa será a máis cómoda para rodar e na segunda parte, chegará o tramo un pouco máis técnico. A pesar diso, realizaremos un dos carreiros máis populares e alcanzables da zona, cunha fantástica natureza ao noso redor e as mellores vistas, tanto cara á ría de Vigo como cara ao Val Miñor.

 

Será un roteiro precioso e adecuado para todos e todas.  Pero para aquelas persoas que queiran un pouco máis de emoción e dificultade, ao finalizar haberá unha segunda opción. Subiremos ao alto do monte para facer unha baixada máis rápida e técnica, con regreso ao aparcamento onde nos reuniremos co resto do grupo. Así, teremos opcións para todas e todas neste primeiro roteiro BTT da tempada 22/23.

 

Que necesitades para realizar este roteiro? Unha bicicleta e casco, así como un móbil coa APP Strava para seguir o percorrido.  Tamén é recomendable roupa adecuada para esta actividade e unha botella de auga.

 

Todas as persoas interesadas poden reservar a praza na recepción dos nosos centros ata completar o grupo. É unha actividade gratuíta para os nosos socios/as (aínda que deberán ter o seguro anual para poder realizar actividades no exterior, que ten un prezo de 10 euros e unha vixencia dun ano). Os non abonados, ademais do seguro obrigatorio, terán que pagar 4,25 euros pola saída.

 

A continuación, deixámosvos a ligazón co punto de saída, así ao percorrido, para que poidades botarlle unha ollada ao mesmo.