REGRESA A TÚA CASA… ESPERÁMOSTE!

15/09/2020

Regresa! Estamos esperándote con todas as medidas de seguridade necesarias, con grandes espazos, coas mellores instalacións, cun plantel profesional e comprometido… Esta é a túa casa e aquí tes o teu espazo.

 

Por iso, do 14 de setembro ao 7 de outubro poñemos en marcha a campaña Regresa, pola que daremos dúas matrículas gratuítas (para o interesado e a persoa á que queira agasallar). Iso si, hai un límite de 200 altas por centro, xa que unha das nosas prioridades é que esteades seguros e cómodos nos nosos centros, polo que non queremos alcanzar o 100% do aforo permitido nestes intres.

 

Que tes que facer para acceder a esta promoción? Moi sinxelo! Só debes rexistrarte en  maisqueauga.com/regresa e recibirás un e-mail de confirmación no teu correo electrónico para darte de alta e ademais un link para reenviar á persoa que ti elixas para que poida incorporarse á familia Máis que Auga sen matrícula.

Sabemos que nestes momentos de incertezas houbo xente que preferiu esperar para ver como avanzaba a pandemia. Pasan os meses e as cousas van amodo, pero o que está demostrado é que en Máis que Auga estableceuse un protocolo de actuación eficaz para garantir a seguridade de traballadores e usuarios. E tamén está confirmado que o corpo humano necesita actividade. Agora máis que nunca. Por iso, queremos invitarte a que volvas á túa casa, onde poderás manter as distancias de seguridade e facer deporte, sen ter que abonar matrícula e coa posibilidade de agasallar a alguén con outra matrícula gratis.