RECUPERAMOS OS CURSOS DE PÁDEL ADULTOS E AS RESERVAS DE PISTAS SEN LIMITACIÓNS

04/12/2020

A partir do luns 7 de decembro recuperaremos os cursos de pádel para adultos e ademais sen restricións (poderán xogar non conviventes xuntos). Esta é a primeira das novidades que nos trae a publicación no Diario Oficial de Galicia das novas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia, á vista da evolución nestas últimas semanas da crise sanitaria provocada pola COVID-19 en Galicia. Pero hai máis. Desde hoxe mesmo, as e os usuarios poderán reservar pista libremente, sen a limitación de ser federados ou conviventes. Tamén poderemos abrir novamente o centro de lecer infantil  Máis que Peques, que se atopa situado na instalación de Navia.

 

Estas son as principais novidades que afectan a  Máis que  Auga despois de proceder á lectura do novo decreto e a orde publicadas no DOG esta pasada noite.

 

Desta forma, todos os cursos de  pádel  para adultos volverán o luns 7 de decembro e este mes será a custo cero para os  cursillistas, xa que en decembro compensaranse os días de novembro que non puideron gozar polas restricións marcadas polas autoridades sanitarias. Ademais, nesta nova orde autorízase que os catro xogadores poidan ser non conviventes, polo que se recuperar a normalidade neste sentido e todas aquelas persoas que queiran reserva a súa pista xa non terán limitacións.

 

Con respecto ao centro de lecer infantil  Máis que Peques, volve abrir as súas portas en horario de 18:00 a 20:30 horas de luns a venres. Alí esperamos aos vosos peques con todas as medidas de prevención  anti COVID-19 necesarias, para que diversión e seguridade sexan compatibles.