As receitas para volver ao ximnasio tralo verán

19/10/2019

“Romper relacións” co ximnasio é algo bastante habitual durante as vacacións de verán. Aproveitamos para desconectar das rutinas diarias e da tensión, para ter lecer coa familia e, se cadra, permitirnos algúns excesos na comida e bebida.

Por iso, tras as vacacións, toca volver á rutina e nela, debemos incluír o deporte, a actividade física. Ás veces é difícil regresar, así que desde aquí ímosvos dar algúns consellos.

Neste post recomendaremos algúns consellos para recuperar a rutina de exercicios tras as túas merecidas vacacións:

 

Empeza aos poucos

Despois dun parón longo, o mellor é que comeces aos poucos, xa que a túa musculatura e articulares deben retomar de forma progresiva a súa actividade normal. Se forzas, podes provocar lesións. Por isto mesmo, nestes primeiros días tras as vacacións, debes prestar máis atención da habitual aos estiramentos e ao quecemento previo.

 

Alimentación sa

En vacacións é case imposible escapar das tentacións de “os todo incluído” nos hoteis, as comidas con familiares e o  terraceo con amigos. Isto, normalmente, vese reflectido neses quilos extra que ás veces nos incomodan. Así, a volta ao  gym ten tamén o obxectivo de perder eses quilos e para iso, ademais de facer deporte, debemos regresar canto antes á nosa rutina de alimentación saudable. Come san, comida de verdade e escapa dos alimentos procesados.

 

Planifícate

Sempre é bo establecer metas, non excesivamente ambiciosas, para que non caias no desánimo, pero si debes planificar o traballo. Para iso, acode aos nosos técnicos, que como sempre están á túa disposición para aconsellarte e guiarte, para que te axuden na planificación do traballo.

 

Proba algo novo

Co inicio da tempada, sempre hai novas actividades dispostas para ti nos nosos centros, así que aproveita para descubrir opcións diferentes ás habituais para poñerte en forma. Igual descobres algo que che encanta!

 

O descanso, fundamental

O descanso é un dos tres alicerces do adestramento, xunto co exercicio e a alimentación. Por iso é fundamental cumprir os tempos e establecer o descanso necesario para o corpo.

 

Clases colectivas para amenizar

Os primeiros días na volta ao ximnasio poden ser duras, por iso é fundamental que te divirtas. Así que proba a ir ao  gym acompañado/a ou apúntate a sesións colectivas como  spinning,  body pump,  pilates… que ademais de ser entretidas farán que poidas  sociabilizar con outras persoas.