Razóns polas que practicar deporte

07/08/2016

A inactividade física é a principal causa do 25% dos cancros de mama e de colón, do 27% dos casos de diabetes e cerca do 30% das cardiopatías isquémicas, según a Organización Mundial da Saúde. Ademais, a Sociedade Europea de Cardioloxía estima que o sedentarismo é a segunda causa de falecemento, detrás do consumo de tabaco e por enriba do risco de sufrir hipertensión.

Sen embargo, practicar deporte devolve a presión sanguínea aos seus valores normais polo que é unha receita infalible para tratar a hipertensión. Ademais, activa o cerebro polo que combate o estrés, potencia o nacemento de novas neuronas e é un potente antidepresivo que incrementa os niveis de dous neurotransmisores que regulan a actividade cerebral.

_39B2639

Os beneficios da actividade física comezan xa desde pequenos por iso é tan importante que as nais embarazadas se poñan en movemento. Reducen así o risco de padecer diabetes xestacional, hipertensión arterial ou preeclampsia. Investigadores confirman que o cerebro dos nenos cuxas nais practican deporte durante o embarazo se desenrrolan máis rápido.

Por outra parte, as actividades axudan a aumentar a concentración, o aprendizaxe, a memoria, a forza muscular, a coordinación e o equilibrio. As persoas, entre 20 e 30 anos, que practican deporte con asiduidade alcanzan unha maior densidade ósea así como o nivel máis alto de consistencia e forza dos óseos que os que non fan ningún tipo de exercicio.

Cabe destacar, parafraseando o refrán, que nunca é tarde para comezar se a dita é boa. Catro anos de actividade física regular favorecen un envellentamento saudable independentemente da idade na que comecemos a pornos en marcha, según un estudio publicado no medio British Journal of Sport Medicine. E qué mellor que comezar a sentir os beneficios que aporta o deporte nas instalaciones de Máis que Auga?