Quen será o máis rápido en 100×100 relevos?  

10/02/2016

 

O sábado 13 de febreiro (16:00 horas) celebramos en Máis que Auga Coia a competición de natación 100×100 relevos por equipos. Queres saber quen será o máis rápido? Tedes un grupo de amigos aos que os guste nadar e competir? So tedes que apuntarvos na recepción de calquera dos nosos centros antes do venres 12 de febreiro ás 22:00 horas.

En que consiste a competición? É unha proba por equipos (de 8 a 10 integrantes) e cada un dos membros do equipo debe realizar cen metros e dar o relevos ao seguinte competidor. Así ata cumprir cen tandas de cen metros.  O único requisito que se establece para poder inscribirse na proba é que o capitán do equipo sexa socio de Máis que Auga. Poden participar neste campionato un total de seis equipos, aínda que se contamos con máis inscricións teremos reservas.

O equipo primeiro clasificado recibirá un diploma e unha mensualidade gratis para os membros do equipo que sexan socios e a matrícula gratis para aqueles que non o sexan e queiran facerse socios. O segundo clasificado recibirá diplomas e un mes de curso dun día á semana para socios ou non socios, e o terceiro clasificado recibirá  diplomas. Todos os participantes no relevo 100×100 recibirán como obsequio unha invitación para dúas persoas para utilizar as nosas instalacións.

FOLLA DE INSCRICION 100×100 r emudas natacion y normativa

HOJA RELEVOS Y PENALIZACIONES

REGLAMENTO 100 X 100 NADAR POR RELEVOS