Que zapatillas debo usar para practicar running?

12/02/2019

O running aporta múltiples beneficios á nosa saúde, tanto físicos como mentais e, por iso, é un dos exercicios máis recomendados para practicar con frecuencia. Dende Máis que Auga apostamos por este deporte e, por iso, dende hai sete anos, contamos cun equipo de corredores. Adestramos contigo nos nosos centros, prometemos correr ao teu carón, apoiarte nas derrotas e festexar xuntos os teus progresos en cada carreira.

Cando te embarcas nesta aventura, debes saber que non vale con calzar os tenis e botar a correr. Os bos hábitos hai que comezalos dende a base e, por iso, é esencial que practiques running cunhas zapatillas axeitadas.

O mundo das zapatillas é un dos primeiros cos que vas ter que lidiar se decides converterte en runner. Pero tranquilo, ímoscho poñer fácil. Só debes ter en conta tres aspectos esenciais: o teu tipo de pisada, o teu peso corporal e o número aproximado de kilómetros que pensas correr.

Se acabas de comezar, a mellor opción para ti son unhas zapatillas cunha amortiguación intermedia. O seu drop, a altura entre o talón e a punteira, será menor, polo que non terás que preocuparte de sufrir problemas de xeonllo a longo prazo. O ideal é que o tipo de pisada sexa neutra. Non é aconsellable corrixir a pisada de forma esaxerada ao principio, porque iso modificaría o teu patrón corporal de xeito agresivo.

Se eres un corredor habitual de distancias curtas e rápidas, recomendámosche que utilices zapatillas con pouco drop, de amortiguación baixa. E, se o teu son as distancias longas, busca unhas cunha amortiguación superior.

Persegue sempre a comodidade, fíxate nas costuras, na estreiteza da zapatilla e no xeito en que abraza o teu pé. É importante que sexa estable, lixeira e transpirable. E, en calquera caso, se tes oportunidade, merca as túas zapatillas nunha tenda especializada, onde che farán un estudo biométrico da túa pisada para que poidas dar coas axeitadas con maior facilidade.

Agora só precisas poñerlle moitas gañas e xa estás listo para dar os primeiros pasos e correr con nós o circuito Run Run Vigo!