Que produtos son mellores para unha alimentación saudable no outono?

05/10/2016

Coa entrada do outono chega a normalidade as nosas vidas e o momento de recuperar hábitos saudables na nosa alimentación. A responsable do gabinete de Nutrición de Máis que Auga , Conchi Adrover, aconséllanos para esta tempada.

Para  axudar a subir as nosas defensas e mailo estado de ánimo (que tende a baixar no outono) é bo  consumir aqueles alimentos que nos aportan os nutrientes que o noso corpo precisa, especialmente vitamina B,  hidratos de carbono de asimilación lenta e minerais.

No caso das froitas é aconsellable optar polas de  tempada que teñen as sustancias imprescindibles para que o cambio de estación non nos afecte tanto. É fundamental consumir froitas ricas en vitamina C como as mandarinas e os pomelos que nos axudan a aumentar as defensas e nos protexen contra a gripe e os fríos.  As uvas, figos, papaias, mazás e caquis son outra boa opción.

As verduras como alcachofas, berenxenas, cabazas  ou coliflores son tamén moi beneficiosas porque ademáis de contar con  poucas calorías exercen unha acción tonificante e antioxidante. Non debemos esquecer tampouco na nosa alimentación de outono as endivias, tomates, patacas, froitos secos, cereais e legumes.

En canto ás proteínas é recomendable consumir tanto peixes como carnes propias desta época:  bonito , atún, sardiña, robaliza,  rodaballo,  paspallás, xabaril, pato ou coello.