Qué é a liberación miofascial?

05/08/2016

Tensión, dor, falta de movilidade, agarrotamento…son moitos os síntomas negativos que o noso corpo sufre día tras día debido ao intenso ritmo de vida que levamos. Unha técnica adecuada para volver a por a punto o noso organismo é a denominada liberación miofascial, pero en qué consiste?

A liberación miofascial basease na aplicación de movementos e presións sostidas dirixidas a todo o sistema fascial (texido conectivo que controla todos os componentes do noso corpo: unifica músculos, articulacións, ósos, cavidades torácicas, abdominais e pélvica; brinda soporte as vísceras e protexe o sistema nervioso, vascular e linfático).

IMG_7343

No seu estado normal a fascia encontrase relaxada e estirada, sen embargo, debido a unha lesión, unha enfermidade, un traumatismo, unha postura corporal incorrecta ou ó sufrir estrés e ansiedade, ésta ténsase e pode provocar dor e falta de movilidade.

Os exercicios que explican os nosos técnicos da sala fitness de Coia,  Adrián Haro e Eduardo Davila, como podes observar neste vídeo corrixen as restricións de movilidade do sistema fascial, devolvendo os deslizamentos entre tódolos texidos do corpo e promovendo a recuperación do equilibrio funcional do noso corpo.