QUE COMER E BEBER DURANTE ESTE TÓRRIDO VERÁN

31/07/2022

A alimentación no verán adoita cambiar e moito máis cando estamos a soportar unhas temperaturas tan altas como está a pasar neste tórrido mes de xullo. Agora máis que nunca é clave beber moita auga para evitar a deshidratación, así como froitas e verduras. E con respecto á comida, nestes momentos o mellor é acudir ás comidas lixeiras e fáciles de dixerir. Esta é a idea xeral en poucas palabras, pero imos poñer exemplos prácticos e tamén a dicir que se desaconsella en plena onda de calor.

 

A palabra chave é hidratación. Con estas altísimas temperaturas, o corpo súa e perde líquidos. Por iso, o mellor é beber auga, moita auga, e se é posible que non estea excesivamente fría. Outras opcións?  Infusións frías sen azucre e sen excitantes (cafeína) ou zumes naturais de froita. Ademais, o corpo tamén se hidrata comendo, sempre que apostes por froita ou vexetais con alto contido en auga, como pepino, leituga, cabaza, ou tomate, entre outros.

 

E precisamente así, chegamos á comida. Que é o máis conveniente con estas altísimas temperaturas? O primeiro, apostar por comidas lixeiras, priorizando a froita e as sopas frías como o gaspacho, allo-branco ou unha crema fría de aguacate, por exemplo. E é que ademais, que nos pode apetecer máis con estas temperaturas que ensaladas variadas, con legumes ou verduras, ou salpicón, ensalada rusa, humus… É precisamente o que mellor senta cando a calor aperta. Dependendo dos ingredientes que utilices podes ter unha enorme variedade de menús e todos eles moi apetecibles, tanto para nenos como maiores. Permíteche innovar e probar a mesturar ingredientes que antes non usaras. Cada vez son máis as receitas de ensaladas que podes atopar por internet e que mesmo pode ser divertido para facer cos pequenos/as da casa.

 

Falemos da sobremesa. Por suposto, a mellor opción é a froita de tempada, que ademais ten unha enorme achega de auga (como sandía ou melón). Tamén sabemos o moito que apetece un xeado con estas temperaturas, así que vos propoñemos a opción saudable, sen azucres engadidos e que ademais, é unha boa proposta para facer en familia nesas horas de calor nas que é imposible estar na rúa. Aí vai a proposta da nosa nutricionista Conchi Adrover, que non pode ser máis sinxela e apetitosa.

 

Se tes en casa unha bolsa de froita conxelada, o xeado é inmediato. Xuntamos nun bol a froita conxelada con leite, yogurt, queixo fresco, unha bebida vexetal, leite de coco… Trituramos e listo para consumir e sen azucre adicional, xa que as froitas teñen suficiente azucre. Se a froita é do tempo, procedemos a partila e engadímola ao recipiente con calquera das opcións anteriores, e ao conxelador unhas horas nun molde. Aos nenos encantaranlles e non pode ser unha sobremesa máis sa.

 

E se ata o de agora referímonos ao recomendable, imos agora con aquilo que deberías evitar.

 

Con respecto ás bebidas, deberiamos eliminar da nosa dieta os refrescos e as bebidas alcohólicas. En ambos os casos, aínda que inicialmente parece que che aliviar ao tomalos fríos, o certo é que as bebidas azucradas fannos perder líquido e favorecen, por tanto, a deshidratación.

 

E sobre a comida? Debemos evitar as enchentas con alimentos moi ricos en proteínas, xa que provocan dixestións moi pesadas. Tampouco son bos os xeados, xa que teñen moito azucre, e aínda que inicialmente refrescan, o que fai é elevar a nosa temperatura corporal e, ao ter moito azucre, nos deshidrata.