Puños fora!

14/11/2016

O Centro de Máis que Auga Barreiro ofrece por segundo ano a posiblidade de practicar kickboxing, un deporte de contacto cada vez máis en auxe para os amantes da defensa persoal. O kickboxing non é un deporte agresivo nin se práctica só para combatir: é un deporte moi complexo no que se traballa a coordinación e o autocontrol do corpo e da mente.

A xente que practica kickboxing nota  moitos beneficios a nivel físico e tamén psicolóxigo: incrementa a autoestima, aporta sensación de seguridade e alivia o estrés.

O kickboxing  é un dos deportes aeróbicos máis completos porque combina a actividade muscular coa aeróbica. O adestramento  emprega movementos rápidos e precisos das artes marciais e aumenta a coordinación, os reflexos e a velociade de reacción.

Hoxe nos adestramentos de Kickboxing no centro de Barreiro só hai tres mulleres pero cada vez son máis as que o practican polo rendemento que ten: axuda a queimar grasa moi rápidamente, tonifica o corpo, libera a tensión e aumenta a confianza.

Miguel Rojo é o adestrador que imparte kickboxing os martes e xoves ás 20.30 horas no centro Máis que Auga de Barreiro.