Prueba Gallego

Prueba Gallego

02/04/2020

Máis que Auga comeza cos directos!! As e os nosos técnicos farannos bailar e suar dende as súas casas, convertendo o salón de casa nun mini gym, no que non vai faltar bo humor e ganas de pasalo ben.

 

Dende o 1 de abril, haberá unha programación de clases en directo para todos os públicos (dende os máis pequenos aos maiores) que serán realizadas polos nosos monitores dende as súas casas.  Zumba, hipopresivos, pilares, gap, wodfit, mobilidade… son algunhas das opcións, ademais de varias clases para os peques da casa. Unha vez rematadas as clases, estas pasarán a formar parte do arquivo de clases gravadas, que xa están a disposición de toda a cidadanía viguesa na nosa páxina web (www.maisqueauga.com/casagym/). Dende as redes as e os nosos socios dicíannos o moito que botaban de menos as clases e nos a eles, así que estivemos preparando esta opción para que a espera ata que poidamos regresar ás nosas instalacións sexa máis soportable. E seguiremos facendo máis actividades para todas e todos vós…. Consellos, charlas... Estade atentos ás nosas redes, que iremos informando!