Proteínas e execicio, os teus aliados

28/02/2019

As proteínas son, despois da auga, o principal compoñente do noso corpo en canto a volume, e participantes clave na maioría dos procesos celulares. As proteínas están compostas por aminoácidos, dos que son necesarios un total de 20 para manter as nosas estructuras: músculos, tendóns, órganos, glándulas, uñas ou pelo. Ante a ausencia de carbohidratos, o noso corpo utiliza a proteína para xerar enerxía.
Segundo explica Conchi Adrover, responsable do servizo de nutrición en Máis que Auga, situado no centro de Navia, o consumo eficaz de proteína prevén a perda de masa muscular e de forza. Tamén axuda a manter o corpo saciado favorecendo, á súa vez, a perda de peso e masa graxa. Cando se fala de alimentos, podemos atopar dous tipos de proteína: completa, que contén todos os aminoácidos esenciais que o noso organismo precisa para funcionar correctamente, e de proteína incompleta, á que lle falta algún aminoácido esencial. A primeira provén, principalmente, de orixe animal, e a segunda, de fontes vexetais.

O consumo recomendado para crear masa muscular é de 20 gramos de proteína tras realizar exercicio físico, combinado con varias inxestas máis ao longo do día. Por exemplo, atopamos 20 gramos de proteína en:
• Tortilla de 2 ovos
• 100 gr. de polo ou pavo
• 100gr. de salmón
• 1 lata de atún
• 125 gr. de queixo batido e 1 puñado de
améndoas ou catro noces
• 100 gr. de sardiñas

A alimentación, lembra Adrover, debe estar basada en froitas e verduras e alimentos naturais, evitando os ultraprocesados, aumentando o consumo de cereais de gran enteiro e evitando os refinados. Debemos engadir á nosa dieta graxas saudables presentes no aceite de oliva, o aguacate e os froitos secos.