PROPOÑÉMOSVOS O ROTEIRO DE SENDEIRISMO PATOS-MONTEFERRO PARA O DOMINGO 13 DE FEBREIRO

07/02/2022

Se o sábado nos subimos á bici, o domingo 13 de febreiro toca camiñar! Imos propoñervos un roteiro de sendeirismo precioso, coñecendo algúns dos lugares máis bonitos das Rías Baixas, nos que teremos a posibilidade de gozar dun precioso atardecer.

 

Así que, nesta ocasión, non teredes que madrugar! A hora de saída para o noso roteiro será ás 15:30 horas desde o aparcadoiro da praia de Patos. Espéranos por diante un percorrido de case 11 quilómetros nos que exploraremos en profundidade  Monteferro, nun auténtico sobe e baixa polas mellores sendas desta península, na que teremos un itinerario divertido, esixente e cunhas vistas absolutamente  reparadoras.

 

Despois de coñecer e gozar de  Monteferro continuaremos ata Praia América, onde teremos a liberdade de percorrela enteira (pero entón o roteiro chegaría ata os 16 quilómetros, e non quixemos ser tan esixentes!). E así, se queremos, poderemos gozar dun fermoso atardecer, nun domingo no que, novamente, uniremos deporte, natureza e familia. E trala posta de sol, regreso ao aparcadoiro, pero polo roteiro máis curto, onde nos esperarán os nosos vehículos.

 

Como sempre vos dicimos, imprescindibles para o roteiro: Calzado cómodo, roupa adecuada para esta camiñada, sen esquecer algo de abrigo para a volta (atentos ás predicións meteorolóxicas) e, por suposto, auga e algo para comer para non caer desfalecidos durante o percorrido.

 

A continuación, deixámosvos as ligazóns co percorrido en  Strava, así como o punto de saída.

Finalizamos recordando cómo podéis hacer la reserva. Simplemente debéis acudir a la recepción de cualquiera de nuestros centros y confirmar vuestra plaza (hasta completar aforo). Como ya sabéis, es una actividad gratuita para nuestros socios/as (con el seguro anual para poder realizar actividades en el exterior, que tiene un precio de 10 euros y una duración de un año). En el caso de los no abonados, además del seguro obligatorio, deberán pagar 4 euros por la salida.