Imagen de jcomp en Freepik

PRODUTOS DE TEMPADA NO INVERNO: GRELOS, CÍTRICOS E AS PRIMEIRAS FRESAS

23/02/2023

Unha das premisas que sempre nos marcan desde o gabinete de nutrición de Máis que Auga é que apostemos polos alimentos naturais, que escapemos dos ultraprocesados e que non hai nada mellor que comer os alimentos de tempada, por varios motivos: Están máis ricos e nutritivos e ademais, son máis económicos e sostibles.

 

Así que, acudimos á nosa mellor fonte de información, o responsable do gabinete de nutrición de Máis que Auga, Víctor Vázquez, para que nos fixese recomendacións de alimentos no inverno. E aquí as temos!

 

En verduras, sobre todo en Galicia, dispárase o consumo dos grelos (o ben que quedan ao cocido!), pero sen esquecernos das berenxenas, coliflor ou repolo. Hai multitude de receitas moi ricas e sas con estas verduras, que che permitirán incluír vexetais no teu menú diario e sen esquecer o sabor. Porque unha tortilla con grelos; o repolo cocido de toda a vida e/o unha berenxena ao forno rechea, son algunhas das propostas que che damos, sinxelas de realizar e tremendamente saborosas. Con respecto ás carnes, é un bo momento para as carnes de porco, coello ou pito, que nos achegarán a proteína.

 

Froitas

Nos primeiros meses do ano os cítricos atópanse no seu mellor momento. Hai unha gran oferta (pomelo, limón, laranxas, mandarinas…) e achegarán ao noso organismo vitaminas (vitamina C, acedo fólico, vitamina A..), minerais e antioxidantes.

 

Ademais, é agora cando podemos empezar a gozar dos primeiros amorodos (fresas), outro manxar na nosa mesa. É unha froita cun baixo contido en calorías, pero moi rica en fibra, antioxidantes, vitaminas e minerais. Aquí ofrecémosvos dúas receitas moi sinxelas con amorodos que che permitirán gozar dunha boa sobremesa ou merenda.

 

  • Amorodos con queixo fresco ou yogurt natural. Os proponemos unha cunca de amorodos con queixo fresco batido ou yogurth natural (adozado con edulcorantes ou uns gramos de azucre). Un moi bo contraste de sabores e con bos valores nutricionais. Para sentar e gozar!
  • Amorodos con chocolate negro. Unha vez máis, non necesitamos ser un chef. Só hai que lavar os amorodos, poñer a derretir unhas onzas de chocolate negro (+ 85% de cacao) no microondas e mollar os amorodos no chocolate. Sen comentarios.

 

Unha licenza. Acabamos de pasar os Entroidos, época desas doces orellas que nos encantan a nenos e maiores. O noso nutricionista Víctor permítenos unha licenza, porque ás veces é peor quedar coa ansiedade: “Se incluíches na dieta froitas e verduras tal e como falamos antes, tampouco vai pasar nada porque un día comas unha orella de forma puntual”, explicou.

 

E así, con ganas de meternos na cociña para preparar os nosos pratos, despedímonos. Ao choio!

 

Imagen de jcomp en Freepik