Imos resolver dúbidas sobre a “nova realidade” en Máis que Auga

04/06/2020

A data do 12 de xuño está cada vez máis preto e nós estamos apurando os prazos para ter as nosas instalacións preparadas para que os sintades seguros nelas e poidades volver facer actividade física e así mantervos máis fortes e sans.

Sabemos que nun momento de incerteza como o que vivimos,  son moitas as preguntas que tedes e a continuación trataremos de darlle resposta.

Preguntas frecuentes

O día 12 abrimos case a totalidade dos nosos servizos. Poderedes utilizar a sala fitness, asistir aos cursos de actividades dirixidas en sala (adultos e nenos), baño libre na piscina e zona spa, reserva de pista e cursos de pádel, gabinete de fisioterapia e nutrición… E xa estamos a organizar o Campus Multideporte de verán e o servizo de ludoteca!

Como xa sabedes haberá que cumprir coas normas de seguridade establecidas por Sanidade en canto aos aforos, distancia social e desinfección. E nesta tarefa a cooperación de todos é imprescindible para acadar un entorno no que todos nos sintamos seguros.

Pasamos a contarvos as accións realizadas nos centros Máis que Auga antes da apertura:

  • Limpeza e desinfección por nebulización dos centros por parte dunha empresa especializada.
  • Aumento do nivel de cloro na auga das piscinas.
  • Aumentamos nun 20% as horas de limpeza das instalacións.

A partir do día 12, atoparédesvos con algunhas novidades para previr o contaxio, que pasamos a detallar.

  • No acceso disporemos dun primeiro punto de desinfección, onde haberá xel hidroalcohólico e unha alfombra desinfectante para o calzado.  A medida que accedades a instalación pasaredes ante unha cámara termográfica informativa que medirá a temperatura das persoas.
  • O percorrido polo centro estará perfectamente marcado por frechas, para evitar o cruzamento das persoas.
  • Nos vestiarios novamente atoparedes unha alfombra desinfectante e xel hidroalcohólico. Os percorridos estarán marcados de forma circular e as ubicacións de cada persoa sinaladas nos bancos cos dous metros de diferencia entre cada posto. Nas duchas haberá mamparas de separación ou ben distancias de dous metros. O aforo dos aseos estará limitado ao 50%.
  • Sala fitness. O aforo está reducido ao 50%. Haberá un punto de acceso diferente ao de saída e os percorridos estarán marcados no chan para evitar que as persoas se crucen. Novamente no acceso teredes un punto de desinfección, onde tamén estarán instaladas taquillas para que poidades deixar as vosas pertenencias sen ter que acudir aos vestiarios. As máquinas estarán separadas por dos metros ou por mamparas  de protección, no caso de que iso non sexa posible. Cada máquinas de cardio contará co seu propio bote de xel hidroalcohólico e en varios puntos da sala haberá papel e desinfectante para limpar o material utilizado antes e despois do uso.
  • Salas de actividades. Novamente contarán cun posto de desinfección á entrada de cada sala e no interior manteranse as distancias obrigadas entre persoas. Ao remate de cada clase, os usuarios deberán proceder á desinfección do material utilizado. E antes de que entren os nosos socios, procederase a limpeza do chan cun material desinfectante.
  • Piscina. O aforo queda reducido a un 30%. Marcarase unha zona no chan para que poidades deixar as vosas chanclas e o material que utilicedes. Cando finalizades o uso, deberedes proceder á desinfección do material común utilizado.
  • Pádel. Como no resto da instalación, haberá un punto de desinfección no acceso (alfombra e xel hidroalcohólico). Ademais, os xogadores/as terán que desinfectar cadeiras e bancos.
  • Nova sala para poboación vulnerable. Creamos unha sala reservada exclusivamente para ese sector da poboación de risco, no que poderán realizar deporte dunha forma segura e guiados polos nosos técnicos. Novamente teremos un punto de desinfección na entrada e as distancias entre máquinas son de dous ou máis metros.

O que imos facer é compensar eses días de marzo cos de xuño, é dicir, non comezaremos a aplicar a tarifa do novo mes, ata que se cumpran eses 18 días pendentes. Desta forma teredes a oportunidade de contemplar in situ  todas as medidas de seguridade implementadas nas nosas instalacións durante estas últimas semanas. Se pese a todo non os sentides a gusto, poderedes darvos de baixa antes do día 30 de xuño sen que se vos pase a vindeira mensualidade.

No caso dos cursos de natación, que non poderemos retomar nesta fase 3, o que faremos é pasar a vosa reserva de forma automática para setembro, onde se vos compensarán os 18 días de marzo.

Si. O uso de máscaras é obrigatorio nas zonas de tránsito e onde non sexa posible respectar a distancia de 2 metros. Iso si, cando esteas no teu posto de traballo, non terás que utilizala ao contar coa distancia de seguridade esixida polas autoridades sanitarias.

Si. Despois da utilización do material de uso compartido debes proceder á desinfección do mesmo, para que o seguinte usuario o atope en perfectas condicións. Isto terá que facerse tanto na sala fitness, como nas salas de actividades dirixidas ou na piscina.

Si. A partir do mércores 10 de xuño (ás 12:00 horas) poderedes realizar a reserva da vosa praza a través da APP, da página web, de forma telefónica ou nas máquinas expendedoras das propias instalacións. As reservas poden ser de clases dirixidas, pista de pádel, fisioterapia, nutrición… Se tedes a reserva no móbil, debedes amosala ao técnico/a cando entredes na clase, e se tedes o ticket, despois de ensinalo, hai que tiralo na papeleira.

Non. Na fase 3 non é necesario reservar cita para acudir ao ximnasio ou á piscina. Contamos con instalacións moi amplas e despois de estudar o nivel de ocupación que tivemos no mes de xuño do pasado ano, pensamos que non será necesario a cita previa. De todas formas, se unha vez aberto vemos que é convinte acudir a este sistema, temos todo preparado para facelo.

Si, pero diferente. Ante o COVID-19 e a necesidade de darvos servizo, creamos Casagym, para que puidérades facer deporte con Máis que Auga dende casa. Agora, estas clases pasarán a unha nova plataforma Casagym.tv, que comezará a funcionar no mes de xuño. Durante o verán ofreceremos gratis o acceso a esta nova ferramenta de traballo a todos os nosos socios e socias.

Se o 30 de xuño non queres continuar con nós, deberás solicitar a túa baixa. Nese intre, proporémoste unha cota de mantemento que consistirá en poder utilizar a plataforma Casagym.tv durante os meses de xullo e agosto, e así conservar a túa cota antigua e non ter que pagar matrícula en setembro. Se a reincorporación non se realiza o 1 de setembro, perderanse todos os dereitos. Ao longo do mes de xuño informaremos sobre a cota marcada para esta plataforma.