Proba o pádel gratis en Máis que Auga

21/03/2018

A Academia de Pádel Máis que Auga prepara unha semana de portas abertas para que todos aqueles interesados en probar este deporte poidan tomar contacto directo cunha clase gratuíta nas nosas instalacións.

Esta semana de portas abertas terá lugar entre o 2 e o 8 de abril nos centros de Barreiro e Navia e a inscrición estará aberta unicamente na modalidade online a partir do xoves 22 de marzo e ata 24 horas antes do día 2 de abril.

Poden participar nenos e adultos de calquera nivel de pádel. Para inscribirte só tes que acceder a este formulario de inscrición

e seguir as instrucións para cubrir os datos necesarios. Calquera cambio ou baixa posterior debe ser comunicada ao enderezo padel@maisqueauga.com.

A fórmula da Academia de Pádel permite reunir por grupos aos asistentes para participar nunha clase colectiva onde se lles ensinará a metodoloxía e se lle adxudicará o nivel de pa co que poden participar nos cursos de pádel.

A partir de aí, a Academia ofrece un equipo de adestradores profesionais, un seguimento personalizado e unha metodoloxía variada para progresar no deporte, con niveis de prepádel, minipádel e pádel junior para os rapaces, e iniciación, intermedio e avanzado para os adultos.