PROBA O ADESTRAMENTO ADAPTATIVO DE EGYM E ACABA CO SPOTTER!

14/02/2023

Coñeces o circuíto de forza EGYM de Máis que Auga Coia?  É un sistema de adestramento dixital, tecnolóxico e conectado, que permite que o teu adestramento sexa máis intelixente, eficaz e divertido. Dentro dos diferentes programas de EGYM, hoxe querémosvos presentar o adestramento adaptativo.

 

Que é o adestramento adaptativo?

Este principio de adestramento ata o de agora só era coñecido no adestramento de forza profesional e no culturismo. Neste adestramento, os compañeiros axúdanse mutuamente nas últimas repeticións dun exercicio, seguro que o viches varias veces durante o press banca.  O obxectivo é que o usuario proxecte tanta forza que sempre se manteña ao límite do seu rendemento.

 

Tal e como nos explica o noso técnico Andrés Viana, “é un sistema moi avanzado de adestramento que ata a chegada de EGYM só podíase facer a ollo e cunha persoa que axude, o que se coñece como spotter”. Con EGYM, “a carga de adestramento vaise axustando á capacidade de cada repetición, logrando uns niveis de fatiga muscular ideais”.

 

Tal e como nos explicou Andrés, a máquina adapta perfectamente o peso de adestramento durante cada movemento do exercicio ao potencial muscular dado. Do mesmo xeito que un compañeiro de adestramento, a máquina bótache unha man cando a forza decae e diminúe o peso de adestramento ata que é posible completar a repetición.

 

Cales son as vantaxes do adestramento adaptativo?

Aforra tempo, é máis efectivo que o adestramento regular ou negativo e a resposta neuromuscular e hormonal é máis alta que con outros métodos de adestramento.

 

Así, podemos concluír que “o adestramento adaptativo é un método óptimo para todos aqueles que teñen pouco tempo, pero que desexan adestrar de forma efectiva. Para iso, un debe levar a si mesmo unha e outra vez ao límite das súas forzas, xa que sen esforzo non hai recompensa”.

 

Se non coñeces o noso circuíto EGYM, o mellor é que preguntes a calquera dos nosos técnicos/as en MQA Coia e peches unha cita para probalo. Estamos seguros de que che vai a sorprender e os resultados máis!