Usuaria de pilates reformer en gimnasio Vigo

Proba gratis o Pilates Reformer en Navia!

27/04/2017

A partir de agora todos os usuarios de Máis que Auga Navia poden practicar xa o Pilates Reformer. A actividade se pode probar gratis  ata o 14 de maio. A encargada de impartir estas clases é a nosa técnica, Ana Vieira,  quen nos enumera algúns dos beneficios do Pilates Reformer:

  • Axúdanos a que nosa postura sexa a correcta e fortalezcamos as costas, evitando dores derivados dunha mala postura corporal
  • Mellora a flexibilidade e a forza muscular. Trabállase a musculatura con maior precisión e ao usar a resistencia gáñase fortaleza
  • Elongación das costas
  • Tonificación do corpo
  • Axuda a liberar estrés e ansiedade

A Pilates Reformer é unha máquina que está deseñada para que o usuario poda realizar unha gran variedade de exercicios.  Todas as partes da Pilates Reformer son axustables para diferentes tipos e tamaños de corpos, así como para diferentes niveis de habilidade, adaptándose ás condicións e circunstancias físicas de cada usuario. Por eso, esta actividade é apta para todo tipo de persoas.

Cada clases de Pilates Reformer dura 45 minutos e  conta só con 8 plazas. Ata o 14 de maio podes probala de maneira gratuita reservando a actividade no kiosko.

Os horarios son os seguintes:

  • Luns: 10.00h/ 10.45h/ 21.00h
  • Mércores: 10.00h/ 10.45h/ 19.45h/ 20.30h

Nesta tempada temos un prezo promocional por inicio de actividade: 20 euros ao mes un día á semana. Así que proba xa!