PROBA GRATIS A ACADEMIA DE PÁDEL MÁIS QUE AUGA DO 11 AO 16 DE XANEIRO

05/01/2021

A Academia de pádel Máis que Auga celebrará do 11 ao 16 de xaneiro a Semana de Portas Abertas, na que tanto nenos como adultos poderán recibir clases de balde nas instalacións de Barreiro e Navia. Se queredes coñecer o pádel con Máis que Auga, só tedes que inscribirvos canto antes porque son prazas limitadas! Esta acción vense realizando nas nosas instalacións dende o ano 2011 e sempre cunha grande afluencia de público. Este ano, a principal novidade  virá marcada polas medidas de prevención anti COVID-19, que respectamos de forma estrita nas nosas instalacións. De todas formas, o pádel é actualmente unha das actividades que menos afectada está, xa que se pode xogar sen máscara  e en parellas.

 

Estas clases están dirixidas a todo tipo de público, dende as persoas que nunca practicaron pádel a xogadores/as xa iniciados. En que consistirá? Será unha clase grupal, con adestradores/as da nosa academia, todos eles titulados,  que vos permitirá coñecer a nosa metodoloxía de traballo. A inscrición debe realizarse na páxina web de Máis que Auga, indicando días e horarios preferentes, para poder organizar as clases. Os días laborais haberá horarios de mañá e de tarde, mentres que o sábado a xornada será matinal.

 

Máis que Auga comezou a celebrar a Semana de Portas Abertas no ano 2011 (cunha media de participación de preto de 200 usuarios) e sempre resulta moi interesante ver como o pádel enseguida engancha!  Así que os animamos a acercarvos a coñecer un deporte familiar, ao alcance de todos e todas e que se pode desfrutar perfectamente nestes intres de pandemia, ao xogar en espazos moi amplos, abertos e ventilados.

 

Na seguinte ligazón podes reservar a túa clase, no horario que máis te conveña.