Presentámosche un novo servizo: O plan de alimentación da APP de  Máis que Auga

04/07/2021

A APP  Máis que  Auga non deixa de crecer e de ampliar os seus servizos. Hoxe presentámosvos un novo servizo: un plan de alimentación adaptado ás necesidades do socio.

 

Trainingym  diet é un módulo de xeración de dietas creadas por  nutricionistas licenciados. Grazas a un algoritmo desenvolvido a partir dos últimos avances en tecnoloxía e nutrición,  tgdiet xera plans de alimentación saudable dotados de respaldo profesional e científico.

 

Antes de comezar a explicarvos como funciona, queremos aclarar que este programa non vai dirixido ás persoas con patoloxías ou trastornos alimenticios. É un plan que busca axudar ás persoas para ter unha alimentación sa e equilibrada, xa que ás veces cústanos facelo sen ter unha guía que seguir. Pois para isto serve este plan! Presentarache unha planificación mensual de todas as comidas do día, á que poderás acceder a través da APP no teu móbil.

Durante os meses de xullo e agosto, este servizo terá un custo de só 4,99 euros ao mes e deberás contratalo na recepción de calquera dos nosos centros. Como funciona? Unha vez contratado, debes poñerte en contacto con calquera do noso técnicos/as, o cal accederá á túa ficha na que xa aparece unha información básica (idade, peso e altura, análise corporal…) que irá completando (obxectivo da dieta, cando e canto adestras, que tipo de adestramento…) para que o sistema teña a información necesaria para poder confeccionar a dieta. Con toda esta información,  Trainingym   diet determina as túas necesidades  calóricas e confecciona un plan de alimentación  san, flexible e adaptado ás  túas necesidades, que ademais  foi creado por  nutricionistas.

 

Poderás acceder a este plan nutricional a través da APP ou ben no teu correo electrónico e mesmo achegará información sobre como deben prepararse as comidas. Se accedes a través da APP terás unha opción moi interesante, xa que che permitirá, no caso de que a comida que propoña non che guste ou ben non teñas os ingredientes para preparala, pedir outras alternativas ata que deas coa adecuada. Son menús deseñados con alimentos naturais e sinxelos de atopar, ademais de que contarás coas receitas, para poder levalas a cabo.