Prepárate para o pilates en Máis que Auga

30/11/2016

O pre pilates en Máis que Auga é unha das actividade de balde para  os abonados que máis demanda teñen nas nosas instalacións. As clases de pre pilates consisten nunha serie de exercicios previos que non son específicamente de pilates pero que preparan o corpo para a súa práctica.

Nas clases de pre pilates os nosos técnicos enséñante a respirar e a coordinar os movementos para fortalecer o corpo e correxir a postura. A vantaxe do pre pilates é que pode practicarse a calquera idade a partir dos 16 anos.

Os exercicios se basan nos mesmos principios do pilates: son suaves, naturais,  de movementos libres e acompañados pola respiración.  O  pre pilates procura relaxar a musculatura  e oxixenar e lubricar as articulacións.  As clases achégante tamén aos conceptos da  controloxía: técnicas para coordinar corpo, mente e espírito

Se acudes a estas clases e ves que vante ben podes pasar xa a outro nivel  e apuntarte a pilates que impartimos todos os días nos tres centros de Barreiro, Coia e Navia.  Consulta nan web os horarios e días das clases premando na instalación que che corresponde.