Prepara a túa pel para o verán en Máis que Auga

11/06/2017

Se hai unha época do ano na que hai que prestarlle unha atención especial á pel, esa é o verán que, por certo, está aí á volta da esquina. E sí, en Máis que Auga, tamén nos preocupamos pola túa pel. Xa sabes que nas instalacións de Navia contamos cun gabinete de estética ao que poden acudir os socios dos tres centros (con prezos especiais). Por suposto o servizo tamén está aberto para todos aqueles que aínda non sodes abonados. Raquel Delgado é a responsable deste gabinete que funciona de 9.00h a  21.00h os martes, xoves e venres.

Qué tratamentos son recomendables para esta época do ano? Raquel nos explica a importancia de tratamentos corporais e faciais de cara a preparar a pel para a exposición ao sol. Non esquezas que no verán a pel está en contacto permanente con axentes externos  e nela se acumulan as toxinas e todas as sustancias contaminantes.

A nivel corporal, segundo a nosa experta en estética, o máis recomendable é un tratamento exfoliante que elimine todas esas sustancias, limpe a pel en profundidade e estimule a rexeneración celular: así conseguimos que a pel recupere a súa suavidade e flexibilidade. A pel queda máis hidratada e teremos un bronceado máis uniforme

E a nivel facial? O máis apropiado é un tratamento con vitamina C que nos axuda a previr o envellecemento cutaneo e ten unha importante función antioxidadante e  protectora.  A limpeza elimina impurezas , deixa a pel preparada para outros posibles tratamentos e recupera a súa elasticidade. Raquel nos lembra que é indispensable facer catro limpezas ao ano, unha en cada estación.

Así que xa sabes, pide cita na recepción de Máis que Auga Navia ou chamando ao teléfono 886 689 854.