Precaucións para adestrar no verán

29/07/2016

En canto comezan a subir os mercurios, temos que por especial atención a unha serie de consellos para non desfalecer durante os adestramentos nos meses de verán. É importante ter en conta por exemplo o horario de adestramento xa que ás horas de pleno rendemento do sol, desde as 11.00 horas ata as 17.00 horas, hai un risco elevado de sufrir un golpe de calor se practicamos deporte no exterior. Sen embargo, se vés as instalacións de Máis que Auga para te manter en forma podes acudir a calquer hora do día sen problema grazas a adecuada climatización das salas.

Convén facer especial fincapé na hidratación xa que nos meses de xullo e agosto debese beber máis dos dous litros de auga recomendábeis habitualmente. As cantidades dependen do organismo de cada persoa pero en liñas xerais hai que hidratarse con moderación, sen grandes inxestas, pero sempre antes, durante e despois de cada adestramento.    

CENTRO MAIS QUE AUGA FLORIDA.

Se a hidratación é importante, a alimentación non o é menos. A esa lei que nos move ó comer sano e equilibrado, nos meses de verán hai que agregar productos frescos coma as ensaladas tanto verdes como de legumes ou pasta. Ademais, como xa vos comentamos cando falamos do síndrome metabólico as froitas desta tempada, como por exemplo a sandía, conteñen gran cantidad de auga polo que contribúen a aumentar a hidratación.

Finalmente, temos que desmentir dúas crenzas populares erróneas. Nos meses de verán tense a idea de que tanto a intensidade coma o tempo se deben diminuír. Nada máis lexos da realidade. Podes continuar co teu ritmo habitual supervisado polos técnicos de Máis que Auga.