Mujeres practicando pilates en Vigo

Practica Pilates en Vigo nos centros Máis que Auga

16/09/2017

En Máis que Auga apostamos sempre por todas as disciplinas deportivas e metodoloxías que sexan beneficiosas para a túa saúde. Por iso dende o primeiro momento tíñamos claro que queríamos ser un punto de refencia de pilates en Vigo. Contamos con persoal cualificado e preparado coas figuras máis representativas do pilates tanto a nivel nacional como internacional. Resulta de vital importancia que o profesor que imparta Pilates sexa profesional xa que, aínda que é fonte de saúde, unha mala práctica non ten os resultados agardados e, o que é peor incluso, pode resultar lesivo para os alumnos.

Nas nosas instalacións de Máis que Auga Coia, Barreiro e Navia levamos tempo impartindo o sistema de exercicios ideado por Joseph Pilates a comezos do século XX e que constitúe unha potente ferramenta para a saúde física e mental. Imos darte algunhas razóns polas que deberías de animarte a probar as nosas clases de pilates en Vigo:

-Desenvolvemento muscular uniforme de todo o corpo: fortalécense os músculos máis débiles, alónganse o máis cortos e reláxanse os sobrecargados na procura dun equilibrio

 -Mellora a respiración: increméntase a capacidade do volumen e a oxixenación.  Unha inhalación e unha exhalación completas axudan a que o sistema circulatorio nutra todos os texidos con sangue rico en oxíxeno mentres se eliminan as impurezas e os residuos. Pitales o definía como “unha ducha interna que revitaliza físicamente”

-Antiestrés: Coa práctica do pilates serás un experto en dominar o estrés, o teu corpo estará duro como unha pedra , fortalecerás os osos e sentiraste máis áxil.

O pilates en Vigo adaptado a todas as idades

A natureza do pilates permite que a súa práctica sexa axeitada para persoas de todas as idades. É unha técnica dirixida á mellora xeral do corpo e por iso podemos adaptar a súa práctia ás posibilidades de cada persoa.  De feito hoxe  existen metodoloxías especiais dirixidas a nenos, xoves, persoas con algún tipo de lesións, embarazadas ou  mulleres que veñen de ser nais. É dicir, o pilates é unha disciplina que todo o mundo pode practicar.  Como decía o propio Pilates: “En 10 sesións notarás a diferencia, en 20 te verás a diferencia e en 30 o teu corpo terá cambiado por completo”

En Máis que Auga impartimos tamén o Pilates Reformer.  É unha máquina inspirada nunha cama rectangular, que suxeita por uns muelles deslízase e nos permite traballar con diferentes resistencias. Traballando con estes resortes os músculos fortalécense, estíranse e se tonifican pero sen chegar nunca á hipertrofia. Os exercicios poden realizarse acostados, sentados, de xeonllos ou de pe no Reformer. Realizando pequenos axustes podemos traballar dende o nivel máis básico ata o máis avanzado. O Pilates  Reformer obriga aos alumnos a traballar sobre dous pilares fundamentais do pilates que son o control e a estabilización.