Por que debemos manter certa actividade física?

23/07/2016

Manter unha certa actividade física -varias veces ao mes- prevé a hipertensión, a diabetes, a hipercolesterolemia, a depresión e a ansiedade. Según datos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte o risco de sufrir ditas enfermedades é entre 2 e 4 veces maior nas personas sedentarias polo que se eleva neste grupo o consumo de medicamentos receitados (18%).

Este informe detalla que o 73% da poboación total española que ten entre 18 e 74 anos non realiza ningunha actividade física, o que significa, que o porcentaxe de poboación inactiva é o triple da que practica con certa asiduidade algún tipo de deporte. Ademais, a práctica do deporte descende un 50% no caso das mulleres e vai decaendo coa idade.

CENTRO MAIS QUE AUGA BARREIRO.

Por comunidades autónomas, o caso de Galicia é especialmente crítico xa que rexistramos 6 veces máis poboación inactiva que activa. No lado oposto, encontranse o País Vasco ou a Comunidade de Madrid, onde tan só hai dúas veces máis sedentarios que activos. Para manter os niveis adecuados de actividade física debese realizar polo menos unha hora ao día deporte no caso dos nenos e adolescentes e polo menos 150 minutos a semana os adultos, según a Organización Mundial da Saúde.

Finalmente, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte traslada os beneficios que posee o incremento da práctica da actividade física xa que ademais de reducir as patoloxías mencionadas anteriormente, tamén supón unha importante reducción do gasto sanitario así como dos costes laborais e aumenta a productividade dos traballadores.