Os tres centros que Máis que Auga ten en Vigo melloran e amplían a súa oferta aos usuarios nos próximos meses de xullo e agosto. Convértese así no verán máis completo en servizos dos seis que levamos na cidade, e o primeiro no tamén está aberto Navia.
Máis que Auga funciona os 12 meses do ano e na tempada estival tes a mesma calidade e variedade de servizos que outras estacións do ano. Hai cursos intensivos de piscina e pádel durante os meses de xullo e agosto (en uns días fanse públicos) e póñense en marcha dúas actividades extra de gran potencial: o VI Campus Multideporte, cunha duración de 10 semanas, ou o I Stage de Pádel.
E si és abonado, todavía máis vantaxes. Este verán hai novidades que inclúen unha ampla oferta de servizos gratis, tanto na xogoteca, na área de pádel como na piscina e en sala. Ademais, poñemos en marcha o solárium en Navia e Barreiro. E si non o eres, podes facelo aquí mesmo.
Tamén aumentamos o número de horas de apertura das tres instalacións respecto doutros veráns e só se pecharán uns días, e rotaroriamente, algunhas zonas de auga no mes de agosto para realizar as obrigadas tarefas de mantemento e limpeza.
Toda a información, horarios e servizos, neste botón: