Quen dixo que o ximnasio non é un lugar para poñerse guapa…ou guapo? En Máis que Auga temos claro que o corpo hai que cuidalo por dentro e tamén por fora. Despois do esforzo que facemos practicando deporte e queimando calorías, o noso corpo tamén merece un pouco de meiró e cuidado especial: por eso en Máis que Auga Navia vimos de abrir un novo servizo de estética a dispor de todos os que queiran utilizalo.
A nosa esteticista, Raquel Delgado faite unha primeira diagnose de balde para valorar o tipo de pel da túa cara e as necesidades que precisa. O servizo de estética ofrece varios tratamentos: anti idade, reafirmante, antioxidante e aclarante. Por suposto tamén hai tratamentos específicos para os homes, así que non te cortes!
No gabinete de estética Máis que Auga tamén podes gozar de tratamentos corporais: exfoliacións, drenaxes con algas, anticelulíticos e circulatorios. Hai tamén cuidados especiais para as embarazadas.
As mans e os pes son outras partes do noso corpo ás que se lles presta un cuidado especial. Podes pedir cita na recepción de Máis que Auga Navia ou chamando ao teléfono 886 689 854.
Consulta aquí os nosos tratamentos e tarifas. A poñernos máis guapos!