Información sobre o exercicio do dereito de desistencia

Dereito de desistencia (non aplicable a alugueiros de espazos):

Ten vostede dereito a desistir do presente contrato nun prazo de 7 días naturais sen necesidade de xustificación.

O prazo de desistencia expirará aos 7 días naturais seguintes á data do contrato por vostede subscrito.

Para exercer o dereito de desistencia, deberá notificarnos (ao centro deportivo co que vostede contratase: para a instalación de Navia, aMQA NAVIA, e para as instalacións de Florida e Barreiro, a AQA VIGO XESTIÓN DEPORTIVA, ambas con domicilio social na estrada de Madrid 150, km 5, 36318 Vigo) a súa decisión de desistir do contrato a través dunha declaración inequívoca (por exemplo, unha carta enviada por correo postal, fax ou correo electrónico). Poderá utilizar o modelo de formulario de desistencia que figura a continuación, aínda que o seu uso non é obrigatorio.

Ten vostede así mesmo a opción de cubrir e enviar electronicamente o modelo de formulario de desistencia ou calquera outra declaración inequívoca a través do noso enderezo electrónico info@maisqueauga.com. Se recorre a esta opción, comunicarémoslle sen demora por correo electrónico a recepción da devandita desistencia.

Para cumprir o prazo de desistencia, basta con que a comunicación relativa ao exercicio pola súa parte deste dereito sexa enviada antes de que venza o prazo correspondente.

Consecuencias da desistencia:

En caso de desistencia pola súa parte, devolverémoslle todos os pagamentos recibidos, incluídos os gastos de entrega (coa excepción dos gastos adicionais resultantes da elección pola súa parte dunha modalidade de entrega diferente á modalidade menos custosa de entrega ordinaria que ofrezamos) sen ningunha demora indebida e, en todo caso, como moito en 7 días naturais a partir da data en que se nos informe da súa decisión de desistir do presente contrato. Procederemos a efectuar o dito reembolso utilizando o mesmo medio de pagamento empregado por vostede para a transacción inicial, a non ser que dispuxese vostede expresamente o contrario; en todo caso, non incorrerá en ningún gasto como consecuencia do reembolso.

– Á atención de AQA Vigo Xestión Deportiva, S.A.U./MQA Navia, S.L.U.

– Por medio do presente escrito comunícolle que desisto do meu contrato.

– Nome do consumidor e usuario ou dos consumidores e usuarios

– Domicilio do consumidor e usuario ou dos consumidores e usuarios

– Sinatura do consumidor e usuario ou dos consumidores e usuarios (só se o formulario se presenta en papel)

– Data