Poderás coñecer o aforo dos nosos centros a través da web

12/06/2020

Unha das vosas preocupacións é o tema do aforo. Por este motivo Máis que Auga decidiu poñer a vosa disposición unha mirada sobre as nosas instalacións! Como? A través da web de Máis que Auga todos os usuarios poderán saber cal é o aforo en cada un dos nosos centros. Ademais, tamén hai a opción de ver como se dividen os visitantes pola instalación, é dicir en que zona se atopan (piscina ou sala fitness).

Desta forma, antes de saír de casa podes botar un ollo á web para revisar o aforo e decidir se é o mellor momento para visitarnos. Hai que recordar que nesta fase 3, o aforo da sala fitness está establecido ao 50 por cento, mentres que na piscina o aforo será do 30%. A pesar de que o cupo da piscina é bastante inferior, ao non poder celebrarse os  cursos de natación, a ocupación vai ser moito menor, polo que non se esperan problemas.

 

Máis que Auga decidiu abrir sen establecer o sistema de cita previa, xa que co aforo permitido polo Goberno e as dimensións das nosas instalacións, cremos que non haberá problemas de aforo. No caso de que vexamos que hai incidencias, teremos un plan B para solucionalo e buscar a mellor opción para as e os nosos usuarios.