O PLAN A CAMBIOU A VIDA DE MÓNICA E ANDREA

18/04/2021

Mónica Rey e Andrea Pérez apostaron polo Plan A. Fixérono e agora afirman satisfeitas que lles cambiou a vida por completo e que o volverían a facer. E iso que, por medio, tocoulles un peche da instalación pola pandemia. Pero nada podía parar xa ás nosas protagonistas! Hoxe imos coñecer a súa historia.

 

Mónica comezou no mes de novembro, co obxectivo de perder peso si, pero sobre todo de sentirse mellor consigo mesma. Ambos obxectivos acadados! “No aspecto persoal síntome estupendamente. Agora vou ao ximnasio de luns a venres, despois de deixar ao neno no colexio. É o meu momento, algo que estou a facer por min”, cóntanos Mónica. Perdeu moito peso (15 quilos), pero sobre todo moitísimo volume e iso a pesar de que o peche lle pillou xusto no tramo final: “Alex marcoume unha rutina para realizar en casa e compreime unha TRX. Así, xunto cunha bici e unha cinta de camiñar que xa tiña, puiden continuar co adestramento e seguín baixando peso”.

 

A nosa usuaria xa finalizou o seu plan A, pero está tan animada que quere seguir activa, agora que logrou que o deporte forme parte da súa vida. Desta forma, continúa co gabinete de nutrición e contratou un plan de adestramento persoal con Alex Pérez, o seu titor no Plan A. Precisamente un dos aspectos destacados por Mónica é o apoio dos técnicos, de Alex e da  nutricionista Conchi. “Alex sempre está aí cunha mensaxe de  wasap, unha palabra de ánimo para que non te  desanimes. Cando tes un día malo, ter ese respaldo para seguir é moi importante”, asegura Mónica, quen tamén destacou o traballo de Conchi: “É que non sentes que esteas a dieta. Eu estou a probar a facer todo o que ela me propón e a verdade é que está moi rico. Ensinoume a saír do convencional e facer cousas sas e saborosas á vez. Vou facer un álbum con todas as súas receitas”, explica.

 

Mónica quere seguir mellorando e faino co convencemento de que “sei que o vou a conseguir”, aínda que só hai que oíla e ver o seu sorriso para saber que xa o conseguiu.

 

E o mesmo sucede con Andrea Pérez. Andrea, de 34 anos e mamá de dous nenos, apuntouse ao Plan A porque “cos embarazos engordei moitísimos quilos e cando vin os carteis na instalación decidín tentalo. Empecei o 4 de decembro”, sinalou, polo que o segundo peche dos centros, tamén lle afectou e, como no caso de Mónica, pasou o exame con nota: Seguín o plan que me marcou Alex e perdín 3,7 quilogramos”. Agora está a acabar, quédanlle un par de sesións con Alex, e a súa idea é continuar con adestramentos persoais ou algo similar, porque “quero baixar algúns quilos máis”.

 

O que ten moi claro é que o seu balance é excepcional: “Estou  contentísima e recoméndollo a todo o mundo. Eu cambiei, son outra persoa, estou ata máis feliz”. O curioso é que Andrea antes “odiaba” o deporte e agora “gústame ir ao ximnasio”. Xa baixou 10 quilos e como no caso de Mónica o mellor é o volume, xa que “me estou poñendo roupa que non podía poñerme nin antes do segundo embarazo”.

A redución de centímetros en ambos casos é espectacular e perfectamente visible grazas ao escáner 3D  Styku, que realiza un escaneo do corpo en tres dimensións. O Plan  A inclúe tres sesións co Styku, o que permite apreciar a evolución do corpo, ademais de que cuantifica a redución de centímetros nas diferentes zonas.

 

Andrea coincide en destacar o importantes que son as mensaxes de Alex por  wasap e a súa atención, aínda que tamén chancea coa caña que lles da nos adestramentos: “Hai días que me doen ata as uñas”. Á nosa usuaria encántalle cociñar e, como Mónica, está a seguir as receitas de Conchi, porque “o certo é que están ricas, son sinxelas de preparar e son sas”.