Pedalea con nós no Mes da Wattbike

10/01/2019

Sempre soñaches con montar na bici cada mañá e ir ata Nigrán e volver a golpe de pedaladas, pero algunhas veces chove, outras fai demasiado frío e, os días que che quedan, o teu tempo é moi limitado. Entón chegaches ao teu centro Máis que Auga, descubriches a Wattbike e soubeches de inmediato que o teu soño fitness era posible. E, por se fora pouco, en Máis que Auga celebramos o mes da Wattbike nos nosos tres centros de Coia, Navia e Barreiro para acompañarte na túa aventura durante todo xaneiro.

Que non oíches falar da Wattbike? Se eres amante do pedaleo, vaiche encantar. Trátase dunha bicicleta estática, pero non unha calquera. As súas características técnicas permiten que, dende o momento en que te subes a ela, sintas que vas pedalando pola rúa. Ademais da sensación realista de pedaleo, o seu medidor de potencia e de watios fai posible que poidas desenvolver un adestramento máis fiable.

Para que a túa experiencia coa Wattbike sexa óptima, podes probala nas nosas actividades express, nas que estamos a introducir o seu uso durante todo este mes. Tanto se xa a probaches coma se non, non hai de que preocuparse. Os nosos técnicos Máis que Auga vante guiar para que saques o maior rendemento posible que esta máquina pode ofrecer.

E, se non che cadra ningunha actividade express, podes utilizar a Wattbike libremente nas nosas salas fitness, no horario que máis che conveña. Ti elixes.

Preparado para dar unha volta en bici sen saír das instalacións?