Pedalea con Máis que Auga polos refuxiados sirios

06/06/2016

Máis que Auga organiza, o vindeiro sábado 11 de xuño, o Maratón de Bike Solidario a favor dos refuxiados sirios. O obxectivo é pedalear nas nosas bicis estáticas de spinning durante toda a mañá. Recolleremos roupa e calzado para enviar aos campos de refuxiados de Grecia e Turquía e doaremos tamén as achegas económicas das inscricións, coas que financiará a loxística do transporte ata o lugar de destino.

A actividade desenvolvémola na zona que hai fronte á entrada principal de Máis que Auga Navia de 9.30 horas a 14.30 horas. É necesario inscribirse para participar por horas, sendo o límite de 50 persoas por cada tramo horario. Podedes realizar a inscrición e o pago en calquera das recepcións dos centros Máis que Auga de Barreiro, Coia e Navia.

Hai dúas opcións de inscrición:

  1. Non abonados: 3 euros (con dereito dunha bici na franxa horaria na que se inscriban). Poden achegar outros 3 euros para dispoñer de bicis solidarias, que estarán en primeira fila, e ocuparanse por orde de inscrición.
  2. Abonados: inscrición gratuíta en cada franxa horaria na que se apunten. Con outros 3 euros teñen bici solidaria.

A acción social de Máis que Auga está aberta á participación de todas as persoas que queiran participar. Animámosvos a colaborar!