PAUTAS PARA VOLVER AO XIMNASIO DESPOIS DO PARÓN VERANIEGO

21/08/2022

No verán te esqueces de todo o relacionado co ximnasio e o deporte? Abandonaches o adestramento e non sabes por onde comezar de novo? Imos dar cinco pautas para regresar ao traballo sen problemas e recuperar os teus hábitos saudables.

 

  1. Falar co técnico de sala. Que non che dea vergoña. Achégache ao técnico de sala e explícalle a túa situación persoal: Canto tempo levas sen adestrar, que fixeches nos últimos meses, como estabas antes, cales son os teus obxectivos… Todas estas cuestións e algunha máis serán importantes para marcar a liña de actuación despois dun verán de parón. O noso técnico é un profesional da actividade física e a persoa máis indicada para marcar as pautas a seguir.
  2. Comezar de forma progresiva. Ten paciencia. Despois de dous meses parado/a, a condición física non é a mesma que a que tiñas con anterioridade, así que o mellor é comezar a traballar de forma progresiva, sen présas e sen forzar, para evitar lesións e novos paróns.
  3. Establecer obxectivos realistas. É importante, xa que se pretendes obxectivos excesivamente ambiciosos e nunha marxe mínima de tempo, non os cumprirás e chegará a desilusión e o abandono. Esquece as túas marcas anteriores e ve celebrando cada pequeno avance, porque sen dúbida haberaos. Tratar de recuperar o perdido en tempo récord só che levará á frustración e o abandono.
  4. Descanso. Hai que saber escoitar ao teu propio corpo e darlle o que necesita. Cando estás a adestrar é igual de importante, o traballo como o descanso, a boa alimentación ou a hidratación. Por iso, non esquezas que tamén hai que descansar para despois poder render á hora de adestrar. Aínda que non o creas, é unha parte do éxito do adestramento.
  5. Constancia. No reencontro co deporte é fundamental a constancia e a fortaleza mental. Os inicios son complicados, pero o importante é que saibas que debes seguir co traballo pautado polo teu técnico, xa que ese é o camiño que che vai a levar ao éxito e a recuperar a forma física.

 

Segue estas pautas de actuación e sen dúbida, o teu regreso ao gym será o desexado e moi pronto volverás ás túas rutinas de adestramento e apreciarás a melloría no teu corpo e no teu estado tanto físico como mental.