PARALIZADO O COBRO DAS COTAS ATA O REGRESO

28/01/2021

As portas están pechadas, así que tamén está paralizado o cobro das cotas ata que poidamos volver traballar e ofrecervos os nosos servizos. Por iso, queremos decirvos que esteades tranquilos, non é necesario que vos deades de baixa, porque non ides ter ningún prexuizo económico.

 

Tal e como xa pasou no mes de marzo do pasado ano, cando tamén pechamos pola pandemia da COVID-19, as nosas cotas quedarán conxeladas e non se pasará ningún cobro ata que poidamos recuperar a normalidade do servizo. E cando se produza ese regreso, compensaremos eses días xa abonados correspondente ao mes de xaneiro e que non puidéchedes desfrutar.

 

Unha vez máis, queremos darvos as grazas a todas e todos os nosos usuarios  pola confianza amosada durante estes meses e por seguir vindo ao ximnasio confiando nas nosas medidas de prevención, que funcionaron tal e como amosa o feito de que non houbo ningún contaxio nas nosas instalacións; aos nosos traballadores e traballadoras porque pese as dificultades sempre amosan o mellor de eles, e nunca se renderon. A todos, traballadores e usuarios, só queremos decirlles que volveremos moi pronto, que non nos rendemos e que seguiremos traballando pola sáude da familia Máis que Auga.

 

E por iso, queremos recordarvos que abrimos CasaGym.tv de forma gratuíta a todos os nosos abonados/as e cursillistas.  Poderedes acceder a través da nosa páxina web www.maisqueauga.com, na pestaña casagym.tv co mismo usuario e contrasinal da vosa área de socio.

 

No seguinte vídeo tedes todas as opcións para poder acceder (con contrasinal, se esqueceches a contrasinal ou se non a tiñas aínda).

Como acceder a CasaGym.tv

Imos acompañarvos nas vosas casas, para axudarvos a manter os hábitos saudables e o ánimo en todo o alto. Así que… recordade… #ContadeConNós porque nós #ContamosConVós, agora máis que nunca.