PARA OS QUE MÁIS O PRECISAN, TEMOS MÁIS!

08/06/2020

Nestes intres é máis necesario que nunca establecer medidas especiais para as persoas en situación de vulnerabilidade e iso foi o que fixemos en Máis que Auga.

 

Creamos unha sala exclusiva para ese sector da poboación en risco, ben pola idade ou pola súa situación sanitaria. Nesta sala, de uso exclusivo pero non obrigatorio, teredes máquinas variadas para poder facer exercicio e ademais contaredes coa presenza de técnicos de Máis que Auga para que os aconsellen, algo máis necesario que nunca, agora que volvedes ao “traballo físico” despois de tres meses case parados. Ademais, para este sector da poboación é fundamental estar forte e coas defensas altas e para iso o mellor é unha boa alimentación, actividade física e bo descanso. Así que imos poñernos a traballar!

 

Ademais desta sala de actividades en seco, reservamos na piscina e no spa unhas franxas horarias (de 9.30h a 13.30h) todos os martes e xoves para que poidades gozar destas instalacións con maior tranquilidade.

 

E outra das nosas novidades na época post-COVID! Creamos unha nova actividade “Seniors en forma na rúa”, na que estableceremos un punto de encontro no acceso ao centro e dende aí nos desprazaremos a unha zona do exterior, aproveitando as prazas, pistas de pádel ou zonas axardinadas que temos ao noso redor. E aí será onde realizamos a nosa clase, nun entorno seguro e moi agradable para todos.

 

Así que xa sabedes, esperámosvos en Máis que Auga a partir do venres 12 de xuño con todas as medidas de seguridade necesarias para que poidades facer deporte nun entorno seguro! Todos xuntos contra o COVID-19!

 

A continuación, tedes un vídeo no que amosamos todas as novidades desta nova etapa en MQA.

Así será a nova realidade en MQA

#ContadeConNós porque #ContamosConVós… agora máis que nunca!