Para os nosos peques no verán, o Campus Multideporte Máis que Auga!

14/05/2022

Con esta subida de temperaturas, xa comezamos a pensar no verán e nas cousas que faremos, agora que volvemos ter plans. E ao comezar a planificar, tamén temos que pensar nos e nas pequenas da casa. A finais de xuño finaliza o colexio, pero non os traballos dos proxenitores, así que temos que atopar actividades nas que os nenos/as gocen, aprendan e se entreteñan. E que mellor opción que o noso campus Multideporte Máis que Auga!

 

O campus de verán de Máis que Auga celebrarase nas instalacións de Navia do 27 de xuño ao 29 de xullo, para nenos/as de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Como nas edicións anteriores, realizaremos diferentes grupos, para que as actividades estean adecuadas ás idades dos participantes. Teremos unha programación moi variada para os vosos nenos/as, nos que o deporte e a actividade física terá un papel importante, con actividades como baile, zumba, piscina, pádel, pilates kids, woodift kids… Pero sen esquecernos dos xogos populares de toda a vida ou, no outro extremo, a robótica, que tanto lles sorprende e apaixona.

 

Ademais, teremos saídas ao exterior, algo que aos nosos pequenos intrépidos sempre lles encanta. Por exemplo, realizaremos no parque de Castrelos unha carreira de orientación, na que non só fan deporte físico, senón tamén mental e ten unha parte lúdica moi importante. Aos poucos irémosvos contando novidades…

 

O horario será de 9 a 14 horas, pero existe a posibilidade de amplialo para os madrugadores (desde as 8) e a última hora (ata as 15:30 horas). Podedes reservar tanto por semanas, quincenas ou mes íntegro e no caso dos irmáns existen descontos (10% para o irmán/a e 15% para segundo e sucesivos). Podedes consultar as nosas tarifas e condicións na recepción de calquera dos nosos centros, onde vos facilitarán toda a información que necesitedes e tamén poderedes realizar a inscrición no campus. Unha das novidades, é que ofrecemos a posibilidade de fraccionar o pago desde o momento da contratación, é dicir, se contratas agora en maio, poderías dividir o pago en dous ou tres prazos (maio, xuño e xullo).

 

Se queredes, poderedes realizar a inscrición a través da web (se non tedes que aplicar descontos ou fraccionar o pago). Desde esta ligazón, poderedes facer a contratación.

A continuación, tedes toda a información máis destacada do campus.

Preguntas frecuentes

Datas:
Desde o 27 de xuño ata o 29 de xullo

Horario:
Campus: De 9:00 a 14:00 horas.

Madrugadoiro: De 8:00 a 9:00 horas

Ampliado: De 14:00 a 15:30 horas

• De 3 a 12 anos

♦ Wodfit

♦ Pilates

♦ Xogos populares.

♦ Deportes con implementos (padel, bádminton…)

♦ Robótica

♦ Baile moderno

♦ Zumba

♦ Actividades en exterior

♦ Piscina

♦ E máis…

  • SOCIOS MQA:

o Semana: 95 € (excepto semana 5, que son 76 € )

Semana con horario ampliado: 120 € (excepto semana 5, que son 96 €)

o Quincena: 155 €

Quincena con horario ampliado: 205 €

o Mes: 337.5 €

Mes con horario ampliado: 462.50 €

 

  • NON SOCIOS

o Semana: 125 € (excepto semana 5, que son 100 €)

Semana con horario ampliado: 155 € (excepto semana 5, que son 124€)

o Quincena: 205 €

Quincena con horario ampliado: 265 €

o Mes: 437.50 €.

Mes con horario ampliado: 587.50 €

• Descontos:

o 10% no primeiro irmá (farase o desconto na cota do irmán/á)

o 15% para o segundo irmán/á e posteriores (farase o desconto na cota do irmán/á).

Semanas:

➢ Semana 1: 27 de xuño ao 1 de xullo

➢ Semana 2: do 4 ao 8 de xullo

➢ Semana 3: do 11 ao 15 de xullo

➢ Semana 4: do 18 ao 22 de xullo

➢ Semana 5 : do 26 ao 29 de xullo

 

Quincena:

➢ Quincena 1: do 4  ao 15 de xullo

➢ Quincena 2: do 18 ao 29 de xullo.

 

Mes:

➢Do 27 ao 29 de xullo

Podes contratar a praza para ou teu fillo/a a través da web de Máis que Auga, ou ben na recepción de calquera dos nosos centros.