PARA O RELAX, O SPA DE  MÁIS QUE  AUGA

22/12/2021

En  Máis que  Auga temos tempo para gozar das nosas clases colectivas; para facer deporte de forma individual; para nadar, facer  Aquagym ou calquera das nosas clases acuáticas; para saídas nas que unimos deporte e natureza…. Para iso, si e tamén para atopar o noso momento de relax. E todo depende de ti! Pasa polo spa de calquera dos nosos centros e vive o teu momento especial.

 

E é que nestas datas do Nadal apetece máis que nunca tomarse un pequeno respiro. Busca o teu momento para evadirte e pasa por calquera dos nosos centros: En todos eles contarás coas mellores instalacións. Ademais, o paso polo spa ten números beneficios, como aliviar o cansazo muscular, activar a circulación ou axudar a sandar contracturas.

 

 

En  Coia, despois da ampliación, o spa loce novo, nunha contorna máis reservada, coa súa piscina de chorros, con camas acuáticas e tamén a súa zona de hamacas.  En  Coia, destaca o circuíto  contra corrente, que é o único que temos nos nosos centros e que seguro que che sorprenderá.

 

En Barreiro é un verdadeiro pracer gozar da zona de praias, coas súas hamacas e camas aproveitando esa incrible iluminación natural, na que podes coller un libro e gozar dun momento único. Pero despois do teu paso pola piscina de chorros, non podedes deixar de pasar pola nova sauna que acabamos de inaugurar e que está ao dispor de todos os nosos socios/ as.

 

E finalizamos o noso paseo polos spas de  Máis que Auga no noso centro de Navia, onde poderás gozar de “o teu momento”, cun paso pola piscina de chorros verticais e lumbares, as camas de auga, os contrastes co xeo, o paso pola sauna ou o  pediluvio (corredor de hidromasaxe para pés e pernas, perfecto para reactivar a circulación), único nas nosas instalacións.

 

Lembrade que a utilización dos balnearios urbanos dos nosos centros está incluída na cota de abonados/ as, polo que agora só depende de ti!  Elixe o día, a hora que máis che conveña e goza do teu momento persoal por e para ti. Esperámoste!