PARA LOITAR CONTRA A OSTEOPOROSE, DEPORTE E ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA

20/10/2020

Hoxe, 20 de outubro, celébrase o Día Mundial da Osteoporose, para concienciar sobre esta enfermidade, considerada pola OMS como unha das epidemias deste século, así como sobre a importancia da prevención desta patoloxía.

 

Comezaremos por explicar que é a osteoporose. É unha enfermidade crónica e progresiva que afecta á resistencia do óso, polo que este faise máis propenso a fracturas ante unha caída ou un golpe. Coa idade pérdese masa ósea, acentuándose nas mulleres ao chegar á menopausa. Calcúlase que unha de cada tres mulleres de máis de 50 anos sufrirá polo menos unha fractura osteoporótica ao longo da súa vida.

 

Por todo iso, é fundamental a prevención con exercicio físico e unha alimentación equilibrada, rica en calcio e vitamina D.

 

EXERCICIO FÍSICO PARA PREVIR A OSTEOPOROSE

 

Para previr a osteoporose, recoméndase a práctica de exercicio físico a calquera idade para fortalecer a masa ósea. Non só prevén a perda de masa ósea, senón que mellora o equilibrio e diminúe o risco de caídas.

 

E preguntarédesvos, que tipo de exercicio é o máis recomendable? A verdade é que o fundamental é ter actividade, polo que podedes apostar por diferentes opcións, só tendo en conta que é o que mellor se adapta a vós, a vosa idade e condición física.

 

Camiñar, a un ritmo un pouco máis alto, parece a primeira opción, sobre todo para aquelas persoas que non estean moi afeitas facer deporte. Pero hai moitas e variadas posibilidades. O pilates demostrou os seus beneficios na saúde das mulleres en  postmenopausia. Mellora o equilibrio e por tanto a prevención de caídas, e achega flexibilidade, mellora postural e, por tanto, calidade de vida. E o mesmo sucede coa natación ou calquera dos nosos cursos na auga (aquagym ou actividade acuática funcional), onde se exercita a musculación, tanto de brazos como pernas. Pero tampouco podemos esquecer o traballo de forza, bicicleta, pádel, ioga, mantemento…  Son moitas as opcións así que aconsellámoste que fales cos nosos técnicos, que lles contes as túas preferencias, sensacións, molestias… para atopar a actividade na que sintas máis cómodo/a e axudarche así a previr a osteoporose.