Para ir ao fisio, Máis que Auga

26/10/2016

En  Máis que Auga Navia tes un servizo de fisioterapia que funciona como unha clínica ao uso, para socios e tamén para non socios. Unha oferta que cada día atrae a máis persoas pola importancia da fisioterapia para aqueles que se exercitan nos nosos centros, para todos os que practican deporte, e tamén para calquera tipo de persoa en xeral.

Con este gabinete, Máis que Auga segue coa súa liña de actuación aumentando e mellorando os servizos que oferta aos seus clientes nas súas instalacións deportivas, as máis completas de Vigo.

Os horarios dos servizo son:

  • De luns a xoves: de 16.00 h a 21.00 horas
  • Luns e mércores : de 10.00 h a 13.00 horas
  • Venres: de 9.00 h a 13.00 horas

As reservas poden facerse na recepción de calquera das tres instalacións, por teléfono ou a través da web para os abonados.

Unha sesión dunha hora costa 23 euros para os socios e 27 para os non socios. As sesións de media hora teñen un prezo de 14 euros para abonados e de 18 euros  para eventuais.

A nosa fisioterapeuta, Natalia de Bourbón, conta cun máster en osteopatía estructural e trata patoloxías de espalda, lesións do aparato locomotor e outros tratamentos, nun traballo individualizado con cada paciente.