Para conseguir obxectivos: Adestramento e boa alimentación

02/10/2019

Tras o verán regresas ao traballo no ximnasio con máis ganas e forza que nunca. Eliminar eses quilos extras é un dos obxectivos, está claro, pero non o prioritario: Coidarse, estar en forma, a saúde… Todo iso lévanos a realizar deporte, a visitar Máis que Auga e a gozar nos nosos centros deportivos. Pero para que o círculo se peche e os resultados sexan os óptimos, é necesario acompañalo cunha alimentación adecuada: A comida real!

 

Seguro que este concepto de “comida de verdade” estádelo oíndo moitísimo ultimamente. E preguntarédesvos, que é iso? Moi sinxelo: regresar á comida de sempre, a das nosas nais e avoas. E non pensedes que é complicado. Simplemente temos que escapar dos procesados e os  ultraprocesados. É moito máis fácil do que parece: Froita no canto dun zume (con azucre, conservantes…); patacas asadas no canto de patacas chips de bolsa; un filete de tenreira no canto dunha hamburguesa de cadea americana; unha rebanda de pan integral no canto de pan de molde… Volver facer algunha comida de pucheiro, das avoas, ou algo tan simple como un polo ao forno, para o que non necesitamos pasar por MasterChef. Pequenos cambios, que che axudarán a estar san.

 

E como facelo? Na nosa instalación de Navia podemos acompañarche neste camiño, a través do noso gabinete de nutrición. A nosa técnica Conchi  Adrover, titulada en dietética e nutrición, guiaravos na forma de lograr ter unha alimentación saudable, que complemente o voso adestramento en sala ou piscina para alcanzar así resultados óptimos. Un plan alimentario adaptado ás túas necesidades para, unido ao teu adestramento, conseguir os obxectivos marcados.

Pregunta polo noso gabinete de nutrición na recepción do centro, onde poderedes reservar cita con Conchi, no horario que mellor vos vaia.

Unha consulta ten un custo de 20,45 euros  para os socios e de 30,70 para non abonados. Pero ademais contamos co Programa Activo, que consta dunha sesión de adestramento en grupo semanal, 2 citas coa túa nutricionista (cada quincena) e unha medición no  Scáner 3D  Styku, ao mes. O  scáner, un novo servizo que estreamos esta tempada, realizará unha medición do teu corpo en tres dimensións e permitirache ver como vai evolucionando o teu corpo, cunha correcta alimentación e actividade física. O custo deste programa é de 51,40 euros/mes para abonados e de 61,85 para non socios.