Para coidar as nosas costas, Columna+

22/12/2019

Na sociedade actual cada vez son máis os problemas de costas ou posturales. Son moitos os traballos sedentarios que provocan patoloxías pola utilización continuada de computadores ou por permanecer moitas horas sentados. O noso curso Columna+ de Máis que Auga Navia nace para previr e paliar este tipo de problemas.

 

Aitor Domínguez é o técnico responsable do mesmo e el explícanos que o curso vai dirixido a case todo o mundo: “a maior parte da xente que vén é porque ten algunha patoloxía asociada ás costas, á columna vertebral. Pero sería interesante que a xente o fixese a modo de prevención. Se prevés, afórraste bastantes problemas no futuro. Unha postura inadecuada no traballo ou estar sentado moitas horas desencadean unha serie de síndromes a nivel  postural que, facendo un traballo preventivo, poderíanse mitigar”.

Nas clases traballamos en aumentar o soporte muscular, optimizar a capacidade sensorial e mellorar a mobilidade de todas as estruturas articulares que están directamente relacionadas coa columna vertebral (columna, ombreiros,  pelvis, cadeira…)

Hoxe imos coñecer a opinión dalgúns dos nosos alumnos de Columna+, que viron como os seus problemas foron mellorando.

 

Silvia Pérez

Silvia Pérez só leva dous meses e con todo xa nota a melloría: “Estou moi, moi, moi contenta. Perdín bastante medo a realizar exercicios que pensaba que non eran os adecuados para as miñas lesións ou que eran demasiado duros ou fortes… Recuperei xa forza e algo do ton muscular que perdera por que tiven que estar unha tempada en repouso e, sobre todo, recuperei as ganas de estar ben, por que con estas lesións crónicas cada vez que che dan a lata tes que empezar case de cero e custa facelo tanto física como psicoloxicamente. Estas clases son tan dinámicas que fan que non te custe nada. Aitor axúdanos unha chea”, manifestou Silvia, que ten lesións importantes nas costas e xa levaba varios anos facendo natación e  pilates. Pero en setembro empeorou e “pensei que necesitaba algo a maiores para reforzar as costas”.

Asegura que as clases se pasan voando e “iso que Aitor métenos cana…hai moi bo ambiente, son moi divertidas e orixinais”.

 

José Curiel

José, que levaba toda a súa vida facendo deporte, tivo un problema nunha vértebra que agora lle limita á hora de xogar ao fútbol ou de correr: “Paseime a deportes con menos impacto, como bici e piscina, pero aínda así tiña unha dor continua. O  traumatólogo díxome que a única opción era fortalecer o corpo en xeral e en particular o core, así que me apuntei a esta clase e os efectos foron case inmediatos. Deixei de ter a dor que tiña todo o día e ademais podía facer vida normal, o cal é unha gran satisfacción”, manifestou.

José, que leva un ano en Columna+, destacou por riba de todo “a profesionalidade do noso profesor, que busca o máximo nivel. Párase nos detalles máis importantes á hora de facer traballos de estiramentos ou de reforzo. Estou moi contento coas clases e espero poder seguir moito tempo e aprender para despois eu, pola miña banda, poder facer traballos a maiores para non ter dor, que nestes momentos é o importante”.

 

Joao  Pimenta

Joao chegou a Columna+ a finais de verán a través dun amigo, que lle falou desta actividade. “Fun porque desde hai anos convivo coa dor na zona lumbar e grazas ao bo facer e os coñecementos de Aitor, agora mesmo non teño a dor que padecía. É un cambio radical”, indicou. Sobre as clases, Joao recalcou que “Aitor traballa en función das doenzas de cada alumno, con participación activa do técnico e unha alta motivación do grupo”.