Para a Vig-Bay, mellor previr

07/02/2019

A Vig-Bay xa está as portas, e levas adestrando todo o ano para cumprir o teu obxectivo da temporada: superar os 42km da maratón ou, como mínimo, os 21km da media maratón, que non son poucos.

Xornada tras xornada, saes a correr co equipo de running Máis que Auga e adestras na sala fitness para manterte en forma. Fas todo tipo de exercicios sen supervisión e o teu corpo di basta. Non o agardabas, non queres tirar pola borda todo o traballo feito e, entón, intentas buscar axuda no noso servizo de fisioterapia, para tentar arranxar o mellor posible un mal que xa está feito.

O vindeiro 7 de abril poderás correr a Vig-Bay, pero faralo á metade da túa capacidade, e quedarache a sensación de que podías ter feito máis. Iso, se o tope do teu corpo non fai acto de presenza á metade da maratón e te obriga a retirarte.

Quedan menos de 60 días pero, se o teu corpo non pediu papas, aínda podes axudalo a que chegue á Vig-Bay coa única preocupación de gozar o máximo posible do momento. Temos dous consellos para ti: En primeiro lugar, déixate asesorar polo noso equipo de adestramento persoal para dar o mellor de ti na maratón. E cóidate. O noso servizo de fisioterapia agárdate nas instalacións de Navia. Sé previsor e reserva a túa cita antes de que o teu corpo chegue ao límite.

Para axudarche a introducir estas pautas na túa rutina de adestramento temos dúas ofertas que se axustan a ti:

• Por cada abono de fisioterapia de 5 horas que merques, regalámosche a 6ª sesión.
• Adquire un abono de 10 horas que poderás utilizar nas instalacións de Navia, para gastar en sesións de fisioterapia ou de adestramento persoal. Ti elixes.

Prepárate e goza da Vig-Bay!