Paio adestra en Máis que Auga

26/12/2016

En Máis que Auga estamos felicísimos!!! Entre os nosos usuarios máis especiais temos a Paio, o teixugo máis querido polos nenos. Paio é veciño de Navia e vive na  rúa Teixugueiras ao carón das nosas instalacións. Estes días está adestrando coma un tolo porque este mércores 28 de decembro ten unha actuación moi especial no auditorio municipal de Vigo na praza do Rei onde presenta o espectáculo musical As andanzas de Paio.

Paio está encantado cos técnicos de Máis que Auga e co resto de usuarios que o axudan cando él se lía un pouco co funcionamento dalgunhas máquinas ou cando non é quen de facer algún exercicio.  A Paio gústalle moito correr na cinta e facer pesas pero tamén goza moito xogando ao pádel: aínda que é un pouquiño patoso ponlle tantas gañas e esfórzase tanto que ao final sempre acaba facendo moi boas xogadas.  Outra das cousas das que máis goza Paio é do centro de ocio Máis que Peques. Este sábado estivo convidado a un cumpreanos e pasaouno de marabilla cos seus amigos, encántalle estar rodeado de nenos!

Paio é un teixugo que se fai querer por nenos e adultos por eso teñas a idade que teñas non debes perder a actuación deste mércores na que está acompañado polo seus compañeiros, o grupo de teatro musical Ovivaravai.