Participantes en la liga de padel Vigo máis que auga

Pádel Máis que Auga, dende o inicio ata a gloria

21/01/2019

A Academia de Pádel Máis que Auga non para estes días. Hoxe chegou á súa fin a semana de portas abertas na que, dende o pasado luns 14 de xaneiro, un total de 136 persoas iniciáronse en pádel con Máis que Auga.

Ao longo de todo este tempo, alumnos e alumnas de todas as idades puideron gozar dunha hora de clase de xeito totalmente gratuito, na que aprenderon as reglas básicas do xogo, pelotearon e mesmo xogaron o seu primeiro partido de pádel. Foi unha semana verdadeiramente emocionante, na que tanto alumnos como técnicos pasárono de medo nas pistas de Navie e Barreiro, e estamos seguros de que volveremos a vernos por alí.

E, para que vexades todo o que podedes conseguir con Máis que Auga se volo propoñedes, os nosos xogadores máis experimentados estiveron onte de celebración. Por fin, un dos momentos máis agardados chegou ás pistas de Navia: as finais da Liga de Inverno de pádel Máis que Auga.

Para poder participar nesta proba, todos os xogadores tiveron que superar a primeira fase de grupo. Ao longo dos últimos meses, disputaron partidos de todos contra todos, e só os mellores pasaron á seguinte fase, a eliminatoria.

Na categoría feminina resultaron campionas Susana e Vanesa (Pa Laranxa), Elisa e Carla (Pa Verde) e Andrea e Vanessa (Pa Marrón). As subcampionas foron Iria e Lorena (Pa Laranxa), Antia e Rocío (Pa Verde), Victoria e Vanesa (Pá Marrón).

Na categoría mixta, resultaron campións Javier e Vanesa (Pa Laranxa), Alba e Daniel (Pa Verde), e Rebeca e Jose (Pa Azul). Os subcampions foron Edwin e Lucía (Pa Laranxa), Cristina e Jose (Pa Verde) e Francisco e Lucía (Pa Azul).

Na categoría masculina, resultaron campións Alejandro e Emilio (Pa Laranxa), Leslie e Yago (Pa Verde), Jose e Luis (Pa Azul) e Jesús e Óscar (Pa Marron). Foron subcampións Alberto e Luis (Pa Laranxa, Iago e Joaquín (Pa Verde), David e Enrique (Pa Azul) e Alberto e Jose (Pa Marrón).

O campións e o subcampións da Liga de Inverno de pádel Máis que Auga non só recibiron cadanseu fermoso trofeo, senon que, ademais, o dominio do xogo demostrado onte, valeralles a honra de enfrontarse ao club ourensán Padelprix, nunha competición cuxa data aínda está por determinar, pero que, sen dúbida, será do máis emocionante. Estamos desexando que chegue o día!